Quen non ten un avó fascista?

lópez silva, Inma

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Ría de Vigo Transatlántico Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Así que, sobre o ano 14, Carmen e Ramón collen os bártulos en Buenos Aires, métenos nun barco a Vigo e logo nun coche ata Santiso, e só volverán ver os seus tres fillos arxentinos unha vez máis nas súas vidas, arredor de 1954[…]

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

[…]parecía invocar a fantasma dun oficinista de había un século, alí no seu recuncho de revista de decoración onde unha orquídea herdada que non acababa de florecer, unha parede de pedra, e unha luxosa vista da ría de Vigo que espertaba a nosa mala concincia burguesa.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Ao saír do arquivo chamei ao meu vello amigo Álex, un neoiorquino de adpoción desde os anos noventa a quen a pandemia sorprendeu visitando a familia en Vigo.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Mentres eu me emborrachaba nos bares de París, Nova York e Vigo, a miña amiga da universidade escribira o libro sobre a ausencia dos heroes que eu non atinara a enfocar desde que Memoria de cidades sen luz me deixara sen folgos e total, para acabar no papelote.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Unha mañá, uns días despois de pagar vinte míseros céntimos nunha oficina de Abanca en Vigo, recibín no meu correo electrónico os documentos solicitados ao Centro de Documentación da Memoria Histórica en Salamanca.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2022

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Ría de Vigo

Vista desde o mar

Liña 10

Barco Bos Aires – Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar