artigos e cartas
hemingway, ernest
Localizacións

BAÍA DE VIGO
Artículo no Toronto Start Weekly
18/02/1922
Vigo é unha cidade que parece de cartón, con rúas de lastro, enlucida en branco e laranxa, erguida á beira dun porto grande e case pechado de todo, que practícamente podería ter amarrada a toda a flota británica. Os montes queimados polo sol métense no mar como vellos dinosauros fatigados e a color da auga é tan azul como unha litografia da baía de Nápoles.
Unha igrexa gris de cartón con torres xemelgas e un castelo aplanado, de aspecto triste, que coroa o monte sobre o cal se ergue a cidade, miran cara á baía azul, a onde se dirixirán os bos pescadores cando a neve baixe polos ríos do norte e as troitas estean agochadas en pozas fondas, baixo escumas de xeo. Porque a litografía azul e brillante da baía está chea de peixe.
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

PORTO DE VIGO
Á SÚA FAMILIA
No mar, 20 de decembro de 1921
Subindo pola costa. De España, preto do cabo Fisterra, vimos unha balea. O porto de Vigo é case pechado de todo e foi un grande escondedoiro para os submarinos alemáns durante a guerra. Falei a miña Lingua Franca (Lingua Mediterránea Internacional) en Vigo e fixen de intérprete para todos os pasaxeiros. Hash (Bones) sabe falar francés, así que nos apañamos magnificamente.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

EDIFICIO EL MODERNO
A WILLIAM B. SMITH, JR
No mar, c. 20 de decembro de 1921
Boid:
Vigo, España. Este si que é un sitio para un macho. Un porto case pechado e case tan grande coma o de Traverse Bay, con montes grandes e marróns. Un pode mercar un barco de vela latina por cinco dólares. O Gran Hotel custa un dólar ó día e a ría ferve de atúns.
Xeolocalización
42.23815914315721, -8.724751931276126
Liña literaria
02 Liña Casco Vello
Sinopse
A correspondencia de Ernest Hemingway está escrita xeralmente nun ton de rexistro coloquial e moi persoal. Frecuentemente aparecen ademais enunciados afastados de variedade estándar, «erros» gramaticais, elementos elididos, que fan que algunhas pasaxes secand e difícil compresión, incluso para falantes nativos de lingua inglesa.
Hemingway en Galicia – Carlos Casares
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
1ª edición
1921-1922
Edificio El Moderno
Porta do Sol
Michel Pacewicz
Liña 2
Porta do Sol – El Moderno
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.