MAPA LITERARIO

As cidades foron un tema recorrente na literatura desde a antigüidade. Os escritores e escritoras utilizaron as cidades como escenario das súas historias, como símbolos da sociedade humana e como reflexo das súas ideas e emocións.

1 : Proxecto

O Mapa Literario de Vigo é un proxecto que naceu no ano 2018 desde a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo, co apoio dos autores e autoras e do sector editorial, co obxectivo de poñer en valor a importancia da cidade dentro da literatura, como actividade de animación á lectura, de investigación e de memoria colectiva.

As descricións de Vigo na literatura poden ser moi variadas: desde enfoques obxectivos, centrados nos aspectos físicos da cidade como a súa arquitectura, xeografía e poboación, ata visións subxectivas que se detén na impresión que a cidade produce no narrador/a ou nos personaxes.

2 : Esencia do proxecto

A estrutura do proxecto continúa articulada a través de liñas de transporte ficticias, que conectan os principais puntos de interese de todas as zonas, barrios e parroquias da cidade. Nesta nova versión creouse a liña circular, para incluír aquelas obras que fan referencia a Vigo pero sen recrearse nun espazo específico; e unha liña especial que recolle acontecementos imprescindibles na historia da cidade, así como entidades que forman parte da esencia da urbe olívica.

Liñas troncais

01 Liña Cabral – Lavadores – Bembrive

02 Liña Zona Vella “Casco Vello”

03 Liña Choróns – Plaza E. Fradique

04 Liña Travesía – Teis

05 Liña Saiáns – Bouzas

06 Liña García Barbón – Urzáiz

07 Liña Venezuela – Camelias – Gran Vía

08 Liña Príncipe – Cánovas del Castillo – Beiramar

09 Liña Coia – Zamáns

10 Liña Rande – Illas Cíes

C Liña Circular – Vigo

E Liña Especial: Batalla de Rande, Faro, Celta, Movida…

 Liñas literarias

Autores/as

Un dos obxectivos principais do proxecto é facilitar o acceso á información relacionada coas obras que forman parte do corpus dixital. Por iso considerouse imprescindible ampliar a información sobre os/as autores/as. Nesta nova versión, inclúese unha biografía de cada autor/a, con acceso ás novelas incluídas no proxecto, ademais de ligazóns ás súas redes sociais e páxinas de referencia para ampliar información, así como á editorial que publica as súas obras.

Autores/as

Paradas bibliográficas: Localizacións literarias

Nesta nova adaptación do proxecto quíxose engadir o valor das rutas literarias, unha modalidade de itinerarios culturais que se desenvolven en lugares relacionados cos feitos dos textos de ficción ou coas vidas dos/as seus/súas autores/as. Este tipo de práctica permite explorar a historia, a cultura e a xeografía dun lugar a través da literatura; unha experiencia moi gratificante para os/as amantes da narrativa. Estas rutas conectan ás lectoras e lectores coas súas obras favoritas dunha maneira nova e emocionante, afondando na historia e cultura da cidade. Ademais, constitúen un xeito divertido de coñecer aos autores/as e as súas obras, explorando espazos con relevancia nos textos recollidos.

Obras recollidas no corpus dixital

II Premio innovación bibliotecaria Xunta de Galicia

Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

No ano 2019, o Mapa Literario recibiu o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, recoñecendo o labor das bibliotecas galegas que desenvolven proxectos e boas prácticas innovadoras.

Citas literarias

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas carece dos permisos para ceder as citas literarias publicadas neste proxecto a terceiros.

Fotografías

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas carece dos permisos para ceder as fotografías publicadas neste proxecto a terceiros.

Obxectivos xerais

?

Repositorio literario

Actualizar o repositorio dixital co obxectivo de almacenar, organizar e preservar os testemuños de Vigo na literatura de ficción.

Proxecto de colaboración entre organizacións e participación cidadá

Crear unha rede de diálogo e colaboración que implique autores/as, editoriais, cidadanía, organizacións culturais e administración pública.

Itinerarios e literatura

As rutas inspiradas na literatura constitúen un recurso educativo e cultural que permite:
• Aprender sobre a historia, a cultura e a xeografía da cidade.
• Vivir a literatura dunha maneira máis profunda e personalizada.
• Favorecer a preservación do patrimonio cultural a través da narrativa.

Dereitos culturais

A través deste proxecto promóvense diversos dereitos culturais fundamentais:

Organización e xestión eficiente da información: estruturala de forma clara e xerárquica facilita a súa procura e recuperación.
• Preservación da información: o Mapa Literario de Vigo está concibido para custodiar o legado literario da cidade de maneira segura e sostible a longo prazo.
Acceso á información: o proxecto garante un acceso amplo ao coñecemento, contribuíndo á difusión e investigación da presenza de Vigo na literatura.
Participación cultural: fomentar a implicación da cidadanía na creación e evolución do proxecto, con independencia das súas capacidades ou formación.
Identidade cultural: recoñecer o dereito a conservar, promover e transmitir a cultura, o idioma e as tradicións propias do territorio.
Protección do patrimonio cultural: protexer e conservar o patrimonio material e inmaterial a través das novelas ambientadas na cidade, que fan referencia a monumentos, lugares históricos e tradicións locais recollidas na ficción.