Pozo, Luz
Ribadeo, 1922 – A Coruña, 2020
Socia de Honra da AELG. Letra E 2001 – Ribadeo.
Fotografía: arquivo AELG
Biografía
Foi catedrática de Ensino Medio e é membro numerario da Real Academia Galega e directora da revista Nordés . Publicou os poemarios: O paxaro na boca (1952), Últimas palabras/Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1986, Xerais 1992), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta de Rosalía (1996).
Como ensaísta deu ao prelo A bordo de Barco sin luces, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994), Álvaro Cunqueiro e Herba de aquí e acolá (1991), ademais de varios artigos en Nordés e Grial.
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Memoria Solar
Memoria solar recolle por primera vez toda a obra publicada de Luz Pozo Garza (Ribadeo, Lugo, 1922) ademáis doutros poemas inéditos ou dispersos. Inclúe, polo tanto, dende os primeiros poemarios dos anos cincuenta escritos en castelán como Ánfora, El vagabundo ou Cita en el viento, o poemario bilingüe últimas palabras /verbas derradeiras, ata os libros, xa exclusivamente en lingua galega, como Concerto de outono, Códice calixtino, Prometo a flor de loto, Vida secreta de Rosalía ou o máis recente Medea en Corinto, así como o derradeiro poemario, de carácter inédito, As arpas de Iwerddon. Unha edición que, revisada pola autora, vén confirmar a presenza vigorosa nas letras galegas dunha das voces que mellor saben achegar paixón, vida e poesía.
Editorial en galego
Ediciones Linteo