Posteguillo, Santiago
Valencia, 1967
Doutor europeo pola Universitat de València, é na actualidade profesor titular na Universitat Jaume I de Castelló.
Fotografía: web do autorBiografía
Estudou literatura creativa en Estados Unidos, e lingüística e tradución en diversas universidades do Reino Unido. En 2006 publicou a súa primeira novela, Africanus: El hijo del cónsul, o inicio dunha triloxía que continuou con Las legiones malditas e La traición de Roma. Tamén é autor da Triloxía de Trajano, composta polos Los asesinos del emperador, Circo Máximo e La legión perdida.
Posteguillo recibiu o Premio ás Letras da Generalitat Valenciana en 2010, o Premio Barcino de Novela Histórica de Barcelona en 2014 e, en 2018, foi galardoado co Premio Planeta pola súa novela Yo, Julia, á que seguiu Y Julia retó a los dioses en 2020. É o autor máis vendido de novela histórica en lingua española con máis de 4.000.000 de lectores.
Ademais, en 2018 foi profesor convidado do Sidney Sussex College da Universidade de Cambridge.
Con Roma soy yo arrinca o seu proxecto literario máis ambicioso: unha serie de novelas dedicadas á vida de Julio César.
Bibliografía: Ediciones B.
Paradas bibliográficas

Maldita Roma
La conquista del poder de Julio César
Mare Internum, ano 75 a. C. Un barco mercante navega rumbo á illa de Rodas. A bordo, Julio César acompañado só polo seu fiel Labieno. Obrigado polos seus inimigos para exiliarse de Roma, diríxese ao encontro co mestre Apolonio para aprender oratoria e deste xeito, ao seu regreso, iniciar unha feroz pugna para ingresar no Senado e enfrontarse alí ao temido Cicerón.
Edición en castelán
Ediciones B