poesía galega completa
cabanillas, ramón
EDITORIAL XERAIS
Localizacións

MAR DE VIGO
NO BANQUETA DO CASINO DE VIGO
1927
[…]
do que inda Conxo garda na arboreda
o rumor do seu canto á libertade;
o xuglar namorado e soñador
que eiquí rezou as ledas canturías
ó seu primeiro e derradeiro amor,
aquela nena, roiba
como as espigas do doirado trigo,
que ollara un día á beira das tranquías
«ondas do mar de Vigo»;
[…]
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes
Sinopse
Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús Alonso Montero entre 1979-1981. O establecemento dun novo índice de poemas, a confección dunha táboa de correspondencias entre os textos aparecidos en diversos volumes, a inclusión de numerosas novidades con respecto ao seu lugar de publicación e o rigor na actualización da edición textual fan deste volume un referente para o coñecemento da obra dun poetas primeiros en lingua galega do século XX.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2009
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Mar de Vigo
Areal do Fortiñón – Saiáns
Liña 10
Ondas do mar de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.