Pena, Xosé Ramón

Betanzos, 1956

Autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos

Fotografía: arquivo AELG - Distrito Xermar (Alberte sánchez Regueiro)

Biografía

Títulos como «Literatura galega medieval» (1992), «Manuel Antonio e a vangarda» (1996), «Xograres do mar de Vigo» (Xerais, 1998) ou «Historia da literatura medieval galego-portuguesa» (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, «O reverso do espello» (Xerais, 1984), «Para despois do adeus» (Premio Xerais, 1987), «Paixóns privadas» (Xerais, 1991), «A era de Acuario» (Xerais, 1997), «Fado de princesa» (2005),

 

«A batalla do paraíso triste» (Xerais, 2008), «Como en Alxeria» (Xerais, 2012) e «Todas as vidas» (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: «Na noite estrelecida» (Xerais, 1988), «Da terra asoballada» (Xerais, 1989), «No desterró» (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, «Ramón Cabanillas. Poesía galega completa» (Xerais, 2009).

Bibliografía: Editorial Xerais

 

Paradas bibliográficas

Martín  Codax e os xograres do mar de VigoXosé Ramón Pena autor Mapa Literario de Vigo

Martín Codax e os xograres do mar de Vigo

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares -velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…- que forman parte do noso devir cotián.Redactado con rigor e amenidade, «Martín Codax e os xograres do mar de Vigo» artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.

Edición en galego

Editoral Xerais