Pardo Bazán, Emilia

A Coruña, 1851 – Madrid, 1921

A Coruña, cidade que sempre aparece nas súas novelas baixo o nome de « Marineda»

Fotografía: albúm persoal Emilia Pardo Bazán
Retrato de Emilia Pardo Bazán, c. 1890-1910
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Biografía

Considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.

Bibliografía: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Parada bibliográfica

El cisne de Vilamorta Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

El cisne de Vilamorta

Tras a separación matrimonial, a novela emprega recursos posrománticos e folclóricos para escribir sobre un poeta ambicioso nunha vila da Galicia interior, que resulta ser O Carballiño, lugar da familia da nai política.

La madre naturaleza Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

La madre naturaleza

Brillante continuación de Los Pazos de Ulloa onde desenvolve os personaxes e a trama, deixando claro o seu amor pola natureza galega, de tal xeito que exerce de factor determinista sobre a acción.

Insolación Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Insolación

Asís Taboada, marquesa viúva de Andrade, toma as súas propias decisións nunha novela de marcado estilo espiritualista. Con marco en Madrid, foi desde a súa publicación fonte de polémica pola audacia de outorgarlle capacidade activa a unha muller nunha relación sentimental non convencional. Pertence ao “Ciclo de Adán y Eva”.

La prueba Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Una cristiana - La prueba

Unha novela en dúas partes caracterizada polo estilo espiritualista e pola abnegación católica de Carmiña, a súa protagonista. Do mesmo xeito que noutras pezas literarias, a autora pon na voz do narrador opinións extremas que pretenden incomodar o público lector.

La quimera Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

La quimera

É a primeira das novelas onde abandona as esixencias realistas (detalle descritivo e observación obxectiva) para sumarse á estética simbolista. Nas Torres de Alborada/Meirás, Silvio Lago/Joaquín Vaamonde sofre ao aspirar a unha quimera inalcanzable, a Arte absoluta.

La sirena negra Emilia Pardo Bazán Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

La sirena negra

Con excepcional lirismo decadentista, Pardo Bazán fai que a suntuosidade do modo de vida dos protagonistas das súas novelas se enfronte con diferentes tipos de crise moral e espiritual. De temperamento desequilibrado, don Gaspar de Montenegro é incapaz de manter a estabilidade e o control sobre a súa vida. O escenario galego é Portodor/Sanxenxo, descrito con ausencia da luminosidade que caracteriza o municipio, aínda que sen perder a súa beleza.