os días felices de benvido seixas
velasco, eduard
Editorial Xerais
Localizacións

PRÍNCIPE
— Saíches gracioso… Onte non me chegaches a contar, de que parte de Vigo es? Benvido ficou desconcertado. Non esperaba unha pregunta tan directa. Pasoulle pola cabeza dicirlle que vivía na rúa do Príncipe. Despois pensou na Gran Vía. Era demasiado importante dar unha boa resposta a tempo.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

COIA
—Pois… Ben, vivín en varios pisos cando estudaba pero ser, son de Coia —asegurou sentindo que tiña unha intelixencia natural privilexiada.
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CITRÖEN
Me pai colocouse na Citroën e miña nai traballou de costureira na casa para algunhas tendas que nunca lle pagaban o que realmente merecía.
Xeolocalización
42.21515942510883, -8.741642497955343
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ILLAS CÍES
Unha cociña pequena, un só baño e tres cuartos con mobles dos anos setenta que no seu momento foron populares, altos e escuros, ademais dun balconciño con vistas ás Cíes.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MARCO
Ao cabo dun cuarto de hora, exasperado, buscou o teléfono dos taxis de Vigo e aínda lle tardou máis do que debería un servizo tan básico para o bo funcionamento da cidade. Pediulle que o deixase preto do MARCO, onde quedara con Mariña.
Xeolocalización
42.23576123570263, -8.721132457741655
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

A COVA DOS RATOS (ROMIL)
—Imos á Cova dos Ratos! Non che parece un lugar moi especial?
—Con ese nome, sen dúbida que o é.
Xeolocalización
42.23012085502815, -8.729562016881324
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

SAMIL
Samil estaba ateigada. A chegada repentina do verán despois duns meses de choiva fixo que a xente fose ata a praia ávida de sol e desexosa de mostrar a pel para vingarse do inverno.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

RÍA DE VIGO
Ela pensou en Xohana Torres e nese minuto simple de estampa xaponesa que tingue a ría. El, que algo aprendera no instituto, imaxinou todo o que faría se tivese tan só un pouco do ouro dos galeóns que dormen baixo o mar de Vigo.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

A MADROA (REFUXIO DE VIGO)
Marisol devolveulle a chamada cando se dispuña a untar a manteiga: apalabráralle un pastor alemán no refuxio de Vigo. Faloulle del á directora, moi amiga súa, como dun rapaza responsable que lle daría todo o cariño necesario.
Xeolocalización
42.24994585488178, -8.676533002061417
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Premio Losada Diéguez, 2020 (Creación Literaria)
Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo? «Os días felices de Benvido Seixas» é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
A Madroa
Parroquia de Candeán
Liña 7
Romil
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.