Ónega, Sonsoles

Madrid, 1977

Xornalista, licenciada pola Universidade San Pablo CEU de Madrid.

Fotografía: Editorial Planeta - © Roberto Garver

 

Biografía

Traballou en CNN+ e Noticias Cuatro, e foi correspondente parlamentaria de Informativos Tele 5 desde 2008 ata 2018. Entre 2018 e 2022 presentou distintos formatos televisivos en Mediaset, como Ya es mediodía ou Ya son las ocho. Desde outubro de 2022 está á fronte do magacín Y ahora Sonsoles en Antena 3.

É autora das novelas Calle Habana, esquina Obispo; Donde Dios no estuvo; Encuentros en Bonaval; Nosotras que lo quisimos todo; Después del amor (Premio de Novela Fernando Lara 2017) e Mil besos prohibidos. A súa última novela, Las hijas de la criada, foi galardoada co Premio Planeta 2023.

Bibliografía: Editorial Planeta, Planeta de los Libros

 

Paradas bibliográficas

Las hijas de la criada Sonsoles Ónega autora do Mapa Literario de Vigo

Las hijas de la criada

Unha noite de febreiro de 1900, recentemente estreado o século XX, no pazo de Espírito Santo chegan ao mundo dúas nenas, Clara e Catalina, cuxos destinos xa estaban escritos. Con todo, unha vinganza inesperada sacudirá para sempre as súas vidas e as de todos os Valdés. Dona Inés, matriarca da saga e fiel esposa de don Gustavo, deberá sobrevivir ao desamor, á dor do abandono e ás loitas de poder ata converter á súa verdadeira filla en herdeira de todo un imperio, nunha época na que ás mulleres non se lles permitía ser donas das súas vidas.

Editorial en castelán

Editorial Planeta