o xardineiro dos ingleses
calveiro, marcos
Editorial Galaxia
Localizacións

BIBLIOTECA PENZOL
Todas as notas de artigos e libros que falaban sobre a intervención nazi na Guerra Civil española e a represión fascista na ría de Arousa e que levara da Biblioteca Central de Vigo ou consultara na Penzol ou na biblioteca municipal de Vilagarcía.
Xeolocalización
42.23847316141061, -8.725577501550921
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

COLÓN - CONSULADO BRITÁNICO
Eu sabía que aquel número de teléfono pertencía ao consulado británico en Vigo, e tamén que se chamaba ninguén contestaría do outro lado da liña. A oficina consular levaba un tempo pechada por “razóns orzamentarias” e Mrs. Watford, que ese era o apelido da consulesa, cesara nas súas funcións diplomáticas e aínda non nomearan o seu substituto.
Xeolocalización
42.23716336090388, -8.720780607386736
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

FARO DE VIGO
— Non, debeu regresar a finais dos anos cincuenta — aclaroume o concelleiro retomando a conversa— . Ao pouco comezou a colaborar na prensa, en especial en Faro de Vigo. Incluso foi un dos impulsores da romaría Viquinga de Catoira…
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
E Liña Especial

RECONQUISTA
— Pois en Vigo tentaron poñerlle unha placa cun busto na casa da rúa Reconquista, onde vivira antes de marchar a Inglaterra — comentei eu.
Xeolocalización
42.238489514554715, -8.723174202077915
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FALPERRA
A cidade mudou moitísimo; non é aquela vila mariñeira que lembra da súa infancia de pícaro morriento na Falperra.
Xeolocalización
42.23506772489195, -8.728713859750114
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PORTA DO SOL
Da partida da primeira locomotora cos seus vagóns a rebordar de viaxeiros cara a Ourense, recibida alí por Manuel Curros Enríquez, que a cantou coma “unha Nosa Señora de ferro, polo seu paso tan meigo”; ao acendido pol alcalde Astray Caneda daquelas primeiras luces eléctricas na porta do Sol e na praza da Constitución ante o abraio de todos os vigueses.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

TEATRO CIRCO – TAMBERLICK
Por non esquecerse daquel extraordinario concerto do violinista Pablo Sarasate no Teatro-Circo Tamberlick, que rematou cunha sentida muiñeira ovacionada con todo o público posto en pé.
Xeolocalización
42.23724666719662, -8.716488996148874
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TEATRO GARCÍA BARBÓN (ROSALÍA DE CASTRO)
Ou o pavoroso incendio que destruíu o teatro Rosalía de Castro na madrugada dun martes de Entroido ao remate do baile da sociedade recreativa El Olivo, e ao que o propio Ferrer asistira.
Xeolocalización
42.23805915663334, -8.723404744263311
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VELÁZQUEZ MORENO
Acorda mentres ascende pola súa vella e querida rúa do Ramal e decide achegarse ao café Colón, na rúa Velázquez Moreno, para temperar o seu corpo achacoso.
Xeolocalización
42.23704184560018, -8.721778273241974
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TORRECEDEIRA - CABLE ALEMÁN
Vigo non foi menos ca outras senlleiras cidades portuarias, ao que había que engadir a importancia colonia alemá na cidade, formada, sobre todo, polos empregados das oficinas de El Cable Alemán, sitas na rúa Torrecedeira, e as súas familias, así como polas tripulacións dos mercantes xermanos fondeados na ría dende o estalido do contenda, como o transatlántico Goeben ou o vapor Neuenfels.
Xeolocalización
42.23043582462708, -8.73274000192389
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

RÍA DE VIGO
Algunhas aquí, nas vidas deses anónimos afogados que de cando en vez os mariñeiros sacaban nas súas redes do fondo da ría. E a meirande parte, en alta mar, nos mercantes afundidos ou apresados polo buques de guerra de calquera dos dous bandos.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ILLAS CÍES
Biehr vive nun luxoso chalé na estrada de Baiona, Vila Leopolda, que o propio Ferrer visitou nalgunha ocasión antes do comezo da guerra, e ademais arrendou as illas Cíes, ata ás que adoita achegarse nun dos seus veleiros na compaña doutros mozos alemáns.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

PEIRAO DE TRANSATLANTICOS
El contoulle que era alemán, que deixara o seu rexemento da Lexión Cóndor en León para visitar a Delia e que nuns días tería que unirse a eles de novo para regresar ao seu país dende os peiraos de Vigo.
Xeolocalización
42.24250421300902, -8.727259159848169
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca de liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2017
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Biblioteca Penzol
Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa
Liña 2
Biblioteca Penzol
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.