o tradutor de sombras

fuentes, moncha

 

Editorial Xerais

Localizacións

Aeroporto de Vigo Peinador. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PEINADOR

[…] este país perdendo xente a embute polas costuras do Padornelo e A Canda, pol aeroporto de Lavacolla, de Peinador, de Alvedro, xente a esgalla polo Sá Carneiro, tanto aeroporto xunto para ver se nos evaporamos definitivamente no aire […]

Xeolocalización

42.23131088372364, -8.62838577693686

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

García Barbón. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEATRO GARCÍA BARBÓN

[…] en Vigo, no 25 de xullo, un día de Galicia que comezou cun mitin apoteósico no teatro García Barbón que viña de ser inaugurado un par de anos antes e lucía rutilante, espléndido, á altura de calquera teatro europreo, e sombreiros de aba curta, casquetes, lunares e asedados vestidos de cores para elas, e moito chapeu, gravata de lazo e gravata ás riscas para eles.

Xeolocalización

42.23805915663334, -8.723404744263311

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Carral Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CARRAL

[…] Johan Carballeira e a Francisco Escáneo, ranqueante ao andar porque perdera unha perna nos anos de emigración en Cuba, así que collemos costa abaixo por Carral e, ao cruzar por diante de terraza-xardín do hotel Universal, a música doce e alegre do fox-trot que tocaba a orquestra[…]

Xeolocalización

42.23862863346717, -8.72475300959445

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Praza da Constitución Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA CONSTITUCIÓN

Xa estaba saboreando con deleite o primeiro whisky — non me diga que non o debín tomar porque iso é obvio— na Praza da Constitución, compracéndome coas tonalidades ocres e laranxa que ía adquirindo a pedra dos vellos edificios no empardecer[…]

Xeolocalización

42.238614369120604, -8.726020002077933

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Praza da Independencia Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA INDEPENDENCIA

Aquilo foise encerellando de tal maneira que acabei en comisaría, pero non na vella de Luis Taboada, non, nunha nova, de deseño, que fixeron por Travesas. Menos mal que chamaron a Estela, que estaba a rematar a garda e, tan pronto acabou, baixou pola Praza da Independencia a se facer cargo de min e da multa […]

Xeolocalización

42.224117802822086, -8.729907373257644

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

As Travesas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TRAVESAS

Agora mesmo está pasando uns días connosco antes de marchar ás Travesas, onda a miña irmá e o meu cuñado, e será, igualmente, unha estadía breve porque ademais de ser moi celosa da súa independencia, ela afirma, con rotundidade, que Vigo non é outra cousa que un amoreamento desleixado de xente ordinaria, de bares e cafeterías cutres e que, ao lado de Ourense, non ten categoría.

Xeolocalización

42.221011385158626, -8.732405267344431

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Marqués de Valladares.Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MARQUÉS DE VALLADARES

Estela estaba embarazadísima, viviamos en Vigo, nun piso antigo de Marqués de Valladares, moi preto de Rúa Carral, e eu pensei que miña nai me chamaba por teléfono para felicitarme pero o qeu me dicía nerviosa erea que meu avó se atopara mal antes de comer[…]

Xeolocalización

42.23854015959735, -8.722709757897762

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Club Náutico de Vigo. 100x100experimental.com

NÁUTICO

A tarde en que levaba miña nai a Vigo para pasar uns días con Paula antes de volver a Ourense, xusto cando estabamos entrando por Coia, anunciou en ton imperativo e sen previo aviso
—Vamos dar unha volta polo Náutico que hai tempo que non vou por alí.

Xeolocalización

42.24165664318592, -8.724486572412875

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Beiramar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BEIRAMAR

E apurei cortando cara a Bouzas para coller por Beiramar, deixar o coche no aparcadoiro da Laxe e dar un paseo polas Avenidas, momento en que empezou a rosmar indignada.

Xeolocalización

42.235365728656866, -8.733284093113626

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Monumento a Jules Verne Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

MONUMENTO A JULES VERNE

Fomos camiñando ata o polbo de Xulio Verne. A partir de aí, proseguimos á beira do peirao de madeira, pechado ao público desde o desastre de había uns cantos veráns e, no paseo libre que corre paralelo a un lateral do Naútico […]

Xeolocalización

42.241487919380596, -8.722903502077878

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Alameda - praza de Compostela Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ALAMEDA

Xa podes tremer, Santiago, que treman os alicerces da catedral, a fin do Camiño nunca máis no Obradoiro, nunca máis Mestre Mateo nin reliquias de matute, a fin do Camiño chámase o milagre das luminarias led, adoradas, veneradas e selfiadas ata a extenuación polas camiñantes do mundo (bueno, bonito, barato) a fin do Camiño remata na Nora das noras da alameda Viguesa […]

Xeolocalización

42.23945409000837, -8.722392293248634

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Estación Marítima. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN MARÍTIMA

E regresamos ao punto de partida. Entramos no edificio da Estación Marítima para subir directamente á cafetería e instalármonos nunha das mesas baixas da galería, o sol da tarde esnaquizándose en escintilos de ouro no mar que entraba a cachón polas vidreiras […]

Xeolocalización

42.241793876368725, -8.728017802077881

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

[…] camiñabamos collidos de man por Monteferro ou baixabamos a Patos por un carreiro de millo e envolvíanos o salitre e o solpor arrubiado que se enfiañaba en tules polas Cíes e pareceume que os nosos corazóns volvían latexar ao unísono […]

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Santa Clara Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

GRAN VÍA

E, efectivamente, pouco antes de chegar ao final de Gran Vía, vin a Paula diante do portal, parei un momento, axudei a miña naia a baixar, saquei a maleta de rodas e despedinme delas diante do ascensor […]

Xeolocalización

42.22668953936956, -8.721173430909756

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

COIA

E xa en Coia, non collín a autovía de Nigrán e continuei todo recto ata Samil para acabar sentado nunha das terrazas ollando non para o mar, non para as luces de Toralla ou de Punta Balea ou de Liméns senón para un rapaz de Senegal […]

Xeolocalización

42.22179397942839, -8.74106079623981

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor de sombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2022

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Praza da Independencia

Monumento aos heroes da Reconquista

Pablo Morillo, Carolo

Liña 8

Carral

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar