O que non sabías
pedrosa, Elba
Editorial Xerais
Localizacións

PORTO DE VIGO
Dende que nos despedimos no porto de Vigo, cos corazóns esnaquizados, aconteceron cousas das que me gustaría poder falarche e compartir, saber tamén o teu parecer. Son tantas cousas, Celso, que non poderías sequera imaxinalas. É coma se pasasen moitos máis anos dos que en realidade foron.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PORTO DE VIGO
No verán a vila incrementaba lixeiramente o número de habitantes. Algúns eran retornados con historias vergoñentas e pouco exitosas que contar. Pero tamén había algún exiliado fachendosos e algún neno, fillo dos que marcharan a Uruguai e á Arxentina, que viña coñecer a súa terra de orixe, a dos seus devanceiros. Xuntábanse cos avós a pasar o tempo de lecer. Chegaban ao porto de Vigo todos no mesmo barco.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VIGO
Medran tan rápido, Celso. O tempo non espera a ninguén. Envíoche unhas fotiños recentes que mandamos facer nun fotógrafo de Vigo. O certo é que unha fotógrafa. Non soa raro? Unha ousada.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

PORTO DE VIGO
P. D.: Insisto. Non tardes en coller a pasaxe para España. Recibireite no Porto de Vigo coa familia. Será un tempo fantástico.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2024
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Porto de Vigo
Estación marítima
Liña 8
Porto de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.