o meu sangue
Giráldez, Diego
Editorial Galaxia
Localizacións

MARCO
—Vístete. Hai unha exposición de Maruja Mallo no MARCO.
—Vísteme ti.
Vaia exposición, por certo. A Belén non lle gustaba moito a obra de Maruja Mallo, pero si a artista. Contárame que unha vez vira en Internet unha entrevista que lle fixera Paloma Chamorro, onde a pintora dicía que para ela “a vida neste planeta é arte, ciencia e guerras”. Unha afirmación coa que Belén estaba moi de acordo, aínda non sei moi ben por que.
Xeolocalización
42.23576123570263, -8.721132457741655
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VIGO - MOVIDA VIGUESA
Concerto Álvaro Dorda no Pedramola
Un persoaxe sen máis relevancia ca esa. Nas primeiras páxinas conto por riba a súa vida e, despois, contextualizado a Salamanca dos anos oitenta. É algo bastante innovador, eu creo que único, porque semella que os oitenta foron unha década exclusivamente madrileña. Ou viguesa. E os 80 sentíronse en todas as partes.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
E Liña Especial

VIGO
Entón lembrei unha nova que lera nun diario había uns meses onde informaban da morte dun can que se electrocutara por mexar contra un farol. En Vigo. Toda a cidade bautizara o sabuxo co nome de Tembleques. Ademais, noutras cidades morreran tamén algunha vez nenos nas mesmas condicións, entendo que non mexando contra un farol, aínda que hai pais para todos os gustos, senón xogando, pousando unha man nel e “tras”. “É un suicidio fantástico”, pensei.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

BARRIO DO CURA
O cliente era unha personaxe coñecida que quería desfacerse do corpo do seu amante sen que a súa muller se decatase. Recollimos o corpo e deixámolo na súa vivenda do Barrio de Cura. E ata aí.
Xeolocalización
42.23572678381059, -8.729174086577755
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

PRÍNCIPE
Claro que estes días pensei en soltarte. Sobre todo onte, cando vomitabas, chorabas, vomitabas e chorabas, e pedíasme que che deixase marchar. Menos mal que notei as náuseas, esa bufanda foi a que che comprara en Príncipe e non fora barata. Xa ves que cumpre perfectamente a función de mordaza.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?
Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a maldade e o amor entretecen un relato de vinganza.
Diego Giráldez compón un gran tapiz que nace da intimidade dun corazón desafiuzado que loita por recompoñerse. O meu sangue é unha intriga que nos arrastra ao particular descenso aos infernos do protagonista e a unha defensa irracional do que nos fai máis felices: os seres e os lugares queridos.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2022
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Barrio do Cura
Cortesía de © Miguel Núñez
Liña Especial
Movida de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.