o infinito nun xunco

Vallejo, Irene

 

Editorial Xerais

Localizacións

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

O máis escuro de todos –un Sweeney Todd ibérico– foi o libreiro-barbeiro tolo de Vigo, que, segundo lle contan a Borrow, tanto che vendía un libro como intentaba cortarche o pescozo co pretexto de afeitarte, Non queda claro de que dependía a actitude amable ou homicida do bo do home. Pregúntome se a súa minguante clientela xogaba o pescozo aos opinar sobre literatura.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

5ª Edición – Premio Nacional de Ensaio 2020

«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores… «O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Xerais

Edición en castelán

Editorial Siruela

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

O Berbés

Peluquería Barros

Liña C

Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar