O estranxeiro

Alonso, Álex

 

Editorial Xerais

Localizacións

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

A risa de Adelina, recórdoo de neno, era coma o vento do nordés entrando pola ría. Sabía a mar, a berberechos e a argazo. Para min coma unha serea.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Balaídos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BALAÍDOS (ESTADIO)

Collemos o autobús en Balaídos, preto do estadio. Ese día xogaba o Celta. Sóubeno porque había coches aparcados por todas as partes. Viñamos dun tanatorio e aquilo parecía un cemiterio de automóbiles, ciscallados por toda a avenida.

Xeolocalización

42.212102326627125, -8.739729944406571

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Areal de Xunqueiro Fuchiños Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE XUNQUEIRO – FUCHIÑOS

Estabamos na praia de Fuchiños, debaixo dun parasol. E ía moita calor. A miña mamá (Adelina, neste caso) suaba excesivamente. Parecía unha toura, unha becerra celestial. Menos mal que era un soño… porque detesto a praia.

Xeolocalización

42.19218202143564, -8.803142475544059

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

San Miguel de Oia, Cruceiro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAN MIGUEL DE OIA

Por fin, chegamos a Oia, a parroquia onde vivimos, que está a uns oito quilómetros de Vigo. Antes, cando eu era pequeno, parecía que Vigo quedaba moto máis lonxe. Serían os medios de transporte daquela, en que a velocidade ía ao mesmo ritmo que o progreso.

Xeolocalización

42.183452667449174, -8.799515047793964

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Areal dos Muíños de Fortiñón, Saiáns. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAIÁNS

De feito, diciamos (e aínda seguimos dicindo) «Vou a Vigo» para ir a Vigo, malia que a nosa parroquia sexa tamén Vigo. Iso si, a penúltima en dirección sur. A última xa é Saiáns.

Xeolocalización

42.173820175184325, -8.811324785612323

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Porto de Canido.Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

CANIDO (PEIRAO)

Daría un tranquilo paseo ata o peirao de Canido e relaxaríame mirando amarradas as gamelas, as lanchas e os botes, co seu arrandeo constante sobre o mar, e quizai, dependendo do meu ánimo, chegaría ata a ponte de Toralla e á praia do Vao. Si, estaba decidido. Acabaría tomando un vaso de viño con gasosa no Breadouro. Coma un señor.

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Xeolocalización

42.1947296043048, -8.800060546288881

Areal Samil Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE SAMIL

No paseo de Samil (decidín, finalmente, coller o Vitrasa e acercarme ata Samil) comezas a ver mandas incontroladas de atletas, ciclistas e paseantes que che aparecen por todas partes coma moscas.

Xeolocalización

42.20925241059118, -8.776423145624376

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ILLAS CÍES

Díxenlle a continuación, sen pensalo, que se agora collésemos unha lancha fóra borda e marchásemos, en liña recta, cara á porta da entrada da ría que forman as Cíes e Cabo Home, iriamos dar dereitiño a Nova York. «Imaxínate, Adelina, Vigo e Nova York entrelazados polo carreiro do mar! O Sireno e a Estatua da liberdade en harmoniosa maridaxe culinaria!»

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Illa de Toralla. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

TORALLA

Había rapaces facendo wíndsurf pola illa de Toralla. En Samil, en cambio, aínda non levantara o vento. As correntes de aire é o que teñen. Que nunca sabes por onde van vir.

Xeolocalización

42.20031183886372, -8.802514780388954

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Reitorado. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

REITORADO

E, por riba, para chegar a Pontevedra, debo coller dous buses (o ATSA e o Monbus), a non ser que perda o primeiro (o ATSA, que vén de Baiona) e pillar entón o Vitrasa, que me deixa en Vigo, no Areal, e alí logo agardar o Monbus cusa marquesiña (condesiña, duquesiña e demais títulos nobiliarios) está á altura do antigo Reitorado.

Xeolocalización

42.23891965635358, -8.716360359750029

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Praza da Independencia Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA INDEPENDENCIA

Xa pola praza da Independencia, chegando ás Camelias, e con Belarmino a piques de se apear do bus, a xente esmendrellábase de risa ou protestaba para que calase dunha vez (dependendo do carácter de cadaquén), tras repetir o meso (coas súas idas e vindas) más de vinte veces.

Xeolocalización

42.224117802822086, -8.729907373257644

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Estación autobuses Martínez Garrido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Só que aparecera un tipo morto nos lavabos da estación de autobuses e que eu era o presunto culpable. Mentres dicía isto, rañaba a barba de tres días constantemente e tamén por veces abría a boca e bocexaba coma un león tombado ao sol da sabana.

Xeolocalización

42.225301695353664, -8.709452293778938

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Monte Galiñeiro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE GALIÑEIRO

Por uns momentos, supoño que debido ao posible impacto da noticia, funme polos outeiros do monte Galiñeiro arriba e quedei pensando se altruísta tiña que ver con, filántropo ou con misántropo? Pero, debido ao meu transitorio bloqueo mental, non fun quen de o resolver. Canto botaba en falta os meus cadernos!

Xeolocalización

42.14139596921871, -8.707055372012572

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sereo, Edificio el Moderno Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTA DO SOL

Algo parecido ao que lle ocorre agora ao Sireno da Porta do Sol. Mellor así. Non chamar demasiado a atención. O meu avogado aconselloume non dicir nada, non xesticular nada, non expresar nada durante a vista.

Xeolocalización

42.23814724281723, -8.725446673241903

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

A Madroa. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A MADROA

Todo un detalle pola súa parte. Sentinme tan observado por todos (xuíz, xurado, letrados, e público) que mesmo me acordei daquel gorila da Madroa que rañaba no sobaco constantemente e emitía aturuxos de simio (indescifrables para o oído humano, evidentemente) que provocaban a gargallada espontánea da concorrencia.

Xeolocalización

42.24994585488178, -8.676533002061417

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Sinopse

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción. Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non. A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Areal de Xunqueiro

Fuchiños

Liña 5

Saiáns

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar