o espello do mundo
nicolás, Ramón
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Un ritual practicamente idéntico, desde que había un para de anos os seus pais faleceran cun intervalo moi breve de tempo. Erguerse cedo, guiar amodo desde Vigo durante unha hora e estacionar a carón da casa familiar de Escudeiros.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
—Son profesor nun instituto de Vigo, dou clases de Historia… Agora, que xa non hai que baixar por Rebordechán, é cousa dunha hora poñerse aquí, algo que é de agradecer por se hai algunha urxencia.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
—Non, non. Se non viviría comigo. Amañeríame como fose. Aluguei un piso en Vigo porque traballo alí. A casa de Escudeiros, des que ela veu para aquí e meus pais morreron, está baleira, aínda que vou de cando en vez aireala e todo iso…
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL
Tras un par de horas de traballo asomouse ao móbil e viu que Anxo, un amigo da familia, acababa de deixarlle unha mensaxe na caixa de voz do seu móbil comunicándolloe que soubera casualmente, por un bibliotecario da Nodal de Vigo a quen Martiño acudira había un par de días, que andaba ás voltas con biblografía relativa a Ramirás e que el mesmo podía emprestarlle uns libros da súa propia biblioteca.
Xeolocalización
42.238884117369196, -8.724946476241438
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CASTRO (CAFETERÍA)
Acordaron verse, se non había novidade, contra as sete e media do serán, ese mesmo día, na cafetería do Castro vigués. Talvez non sería mala cousa chamar logo de xantar a Icía, para completar tanta vida social.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

AREAL
Non é esforzo ningún e perfería deixarche os libros xa. Iso sí, en media horiña teño que estar no centro, que combinei para recollelas polo Areal…Eu vou ao caso. Xa me dixo o Xoán que andabas ás voltas cun asunto sobre as monxas de San Pedro.
Xeolocalización
42.23911236949427, -8.715359115413825
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz
Sinopse
Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro. O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva. A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Biblioteca Pública Juan Compañel
Casa de Pedro Román, arquitecto Jenaro de la Fuente
Liña 2
Biblioteca Pública Juan Compañel
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.