o crepúsculo e as formigas

Méndez Ferrín,

X.L.

 

Editorial Xerais

Localizacións

Panorámica Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Os homes e a noite

Aloi e mais Mingos axuntáronse nun camiño, arredado da festa, co Pitutas, un jicho de Vigo, moi agudo. O Pitutas era chosco e un meio home con voz de galiña choca.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Ramil, Ramil, vas morrer, Ramil

«Fai unha noite quente, Eiquí en Vigo vai pouca calor. Cando lles dixen aos rapaces de Chez Madeleine que eu ía vir a España, chioume Luc, o barman: Visitez l’Espagne! Andalouise, terre du Soleil! Eiquí en Vigo sempre vai friaxe, pro hoxe vai calor.

Ramil, vas morrer nunha noite quente »

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

Ría de Vigo

Estaban os dous alí, nunha praia pequena da Ría de Vigo. A praia estaba deserta, percorrida en todas direucións polas pegadiñas, finas e elegantes, das aves mariñas. A praia estaba e soio eles dous estaban alí.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande – Illas Cíes

Alcabre. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCABRE

Ría de Vigo

E fixen mal en vir coil á praia. Se foramos a Alcabre ou a Rodeira ou a Samil ou á Fonte, onde vai todo o mundo, anque nos viran xuntos era o mesmo. Pro se o señor Ferreiro chega a saber que viñen a esta praia a pasar o día cun rapaz, ponme na rúa.

Xeolocalización

42.21810470413489, -8.76775849178899

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Balaídos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BALAÍDOS

A cabeza fendida

Dixérame o dianteiro centro do Sárdoma que aquela rapaza loira con moito cancán era a querida de Manoel Ferreiro, o contratista. Eu fun sacala a beillar e beillei coela toda a tarde. Ela coñecíame e tíñame visto xogar en Balaídos.

Xeolocalización

42.212102326627125, -8.739729944406571

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Pereiró. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PEREIRÓ

A cabeza fendida

cando eu era pequeno gostábame moito ouvir as bandas de música polas festas de Pereiró. Púñame onda o palco e escoitaba.

Xeolocalización

42.209243202779454, -8.733662801923119

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

É o intre do crepúsculo.Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos.Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente.Os homes son coma formigas, na vila sen nome.E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

1961

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Areal de Santa Baia

Parroquia de Alcabre

Liña 5

Alcabre

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar