O corazón da branca de neve
castro, francisco
Editorial Galaxia
Localizacións

TEIS
Alberto entrou no bar e o primeiro pensamento que lle veu á cabeza era que ía mail vestido. Os fregueses daquela cafetería do barrio de Teis, en Vigo, exactamente cinco, botando unha partida de dominó, poquísimos en realidade en relación á amplitude do local, ergueron os seus cansos ollos dende as cadeiras.
Xeolocalización
42.25241651356234, -8.695844345184222
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

GARCÍA BARBÓN
— quero que esteas ás seis e media no Burela, unha cafetería da rúa García Barbón. Vai para alí ás seis e media en punto. Nin se che ocorra chegar tarde. Teño o que queredes. Lévovolo a esa hora. Ou estás ou pasallo a outros.
Xeolocalización
42.237705379209515, -8.720460723103836
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

VIGO
O médico controlara todos os pasos daquel embarazo se cobrar nunca. Tampouco nada lle pediron as mulleres e aquel home da ONG dona do piso onde estivo agachada todo este tempo dende que a trouxeron a Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
O caso, si pintaba feo. Que el saiba, nunca se dera en Vigo caso ningún de nenos roubados. Si apareceran cativos acabados de nacer en contenedores do lixo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
As televisións, desexosas de carnaza e felices por poder encher minutos de sangue e violencia entre anuncios de tensiómetros e outras sutilezas relacionadas coa saúde, que iso é o que botan pola mañá, non falaban doutra cousa que non fose das tres mulleres de cor que foran asasinadas a sangue frío nunha estación de servizo preto de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ALAMEDA
Leila pasea con Eva, ese era o nome que lle puxera Alberto e que Sonia por fin xa pronuncia, pola Alameda da cidade. A pequena vai aprendendo que eses son so seus tíos.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Premio de Novela de Entregas 2013 de La Voz de Galicia
Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontencendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador. «O Corazon da Branca de Neve» recibiu o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2013
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Barrio de Tes
Liña 8
Alameda
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.