ninguén contará a verdade

Feijoo, pedro

 

Editorial Xerais

Localizacións

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

Con só levantar a vista, Caitán Novoa ten Vigo aos seus pés, toda ela tendida fronte ao mar. O director xeral de Galsanaria contempla a ría case dun extremo a outro, desde o estreito de Rande ata a súa saída ao Atlántico. E é precisamente por aí, coa ollada perdida nas illas Cíes, alá de lonxe, por onde Caitán tenta atopar a paciencia que necesita para non colgar o móbil e deixar a súa muller coa palabra na boca.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Praza de Compostela. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PRAZA DE COMPOSTELA (ALAMEDA)

Apenas a un par de metros de distancia entre eles, os tres homes atravesan a planta principal de Novoa e Asociados. Situado no número 19 da viguesa praza de Compostela, nun dos edificios máis nobres da cidade, o bufete é todo el un exercicio de estilo clásico e elegancia que o envolve todo, desde os despachos ás zonas comúns.

Xeolocalización

42.23945409000837, -8.722392293248634

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

A última hora da tarde é como unha desas pistas de patinaxe que saen nas películas. Dá igual que sexa un tramo coñecido, dá igual que apenas secan uns quilómetros. Hora punta ao final da xornada, e na saída de Vigo os coches veñen e van en todas as direccións. Os camións, as motos, as furgonetas que regresan de repartir.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

Voando sobre a ría de Vigo, Caitán cruza a ponte de Rande considerando por enésima vez as diferentes opcións posibles: a morte de Olivia foi cousa dos seus vellos amigos; a morte de Olivia foi cousa dos seus novos amigos; a morte de Olivia foi cousa de tres asaltantes anónimos…

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

[…]Marosa decidiu deixar Vigo e regresar a Santiago, de maneira que aquí é onde veu Salva esta noite. E si, a el xa lle vai ben así… Cruzou un mar de choiva para chegar. Pero non importa. Á fin e ao cabo, as noites do Modus sempre son una boa idea.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Canido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DE CANIDO

De maneira que non, Caitán non comprende nada. Menos aínda cando chegan ao seu destino. Porque, para ir desde a súa casa, no vello porto sobre a praia de Canido, ata este lugar non é necesario atravesar o centro da cidade. O roteiro pola circunvalación e a autoestrada suporíalles menos tempo e máis discreción. E con todo… A que veu isto?

Xeolocalización

42.19409174493363, -8.7975433972261

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

Pero agora, sexa polo que sexa, están aquí. O condutor, o único dos tres orangutáns que en todo momento permanecue en silencio, detivo o coche no medio do paseo que bordea a praia de Arealonga, un pequeno areal urbano no corazón de Chapela, no interior da ría de Vigo.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Cidade da Xustiza. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CIDADE DA XUSTIZA

Aínda que, polo visto, no seu momento a cousa non debeu de saír ben, porque a última nova que Marosa logrou atopar fala dunha posible solicitude de concurso de acredores nos xulgados de Vigo. Desde logo, un asunto serio do cal, nos días seguintes… non se dixo nada.

Xeolocalización

42.23074491977528, -8.716604069330248

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

E xa se sabe o que adoita dicirse: Se cabe a cabeza, cabe todo o corpo. Esa é a razon de que Marosa estea agora aquí, no porto de Vigo, tentando coarse nas oficinas de Muros Construcións Navais.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Nadal Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

NADAL DE VIGO: LUCES

É verdade que quedaran a esta hora, pero Lamas preferiu vir antes. No fin de contas, deixarse caer polo Carballo sempre é un bo plan. De modo que, neste momento, Salva leva xa un bo anaco apoiado na barra, conversando tranquilamente con Alberto e Antonio, un a cada lado do mostrador, e sen maior ocupación por parte do xornalista que papar unha empanadilla e charlar tranquilamente cos donos do bar sobre o inminente acendido do alumeado de Nadal. Ao contrario que a maioría dos hostaleiros locais, a opinión de Lamas non é a máis favorabel respecto diso, e así o fai saber.
—Que si, home, que si, que eu non digo que non. Claro que agora se fala de Vigo en toda España… Pero como nos anos oitenta se falaba de Lepe!

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

E Liña Especial

Vialia, estación de tren. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN DE TREN - VIALIA

Na terraza do complexo, os rapaces arremuíñanse en grupos aquí e alá. De cando en vez, coma pequenos cometas que saen despedidos das súas órbitas, algún dos mocosos aparta dun grupo para ir mesturarse con outro. Os centros comerciais convertéronse nunha especie de modernas ágoras xuvenís, sobre todo agora, á última hora da tarde, e este en particular, levantado en pleno centro da cidade sobre a nova estación de trens, é o máis celebrado de todos os que hai en Vigo.

Xeolocalización

42.23454198605381, -8.71376122376149

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Porto de Canido.Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

PORTO DE CANIDO

A casa dos Novoa é un deses grandes acaroados que se levantan ao comezo do porto de Canido. E o soto onde el a se atopa agora está nun dos antigos chalés que as árbores ocultan na aba do monte do Castro. Alá, na memoria de cando Vigo soñaba con ter a súa propia cidade xardín…

Xeolocalización

42.1947296043048, -8.800060546288881

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación… Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Xerais

Edición en castelán

Ediciones B

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Porto de Canido

Liña 5

Porto de Canido

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar