Montoya, Óscar

Alacante, 1975

Licenciado en Dereito e actualmente reside en Vigo, onde traballa nunha empresa de exportación e importación.

Fotografía: arquivo do autor

Biografía

Comezou a súa andaina literaria escribindo microrrelatos de temática actual e cotiá que publicaba regularmente baixo o pseudónimo de Montoya Jackson. Tras escribir e autopublicado na internet a súa ópera prima, «Últimos días de maternidad» (Amazon, 2017), con notable éxito, AdN apostou en 2019 por «De otro lugar», a súa segunda novela e a primeira que viu a luz como libro editado en papel, unha novela que lle fixo merecedor de acesos eloxios por parte da crítica especializada.

Bibliografía: Editorial AdN novelvas, Grupo Anaya

Paradas bibliográficas

De otro lugar Óscar Montoya autor do Mapa Literario de Vigo

De otro lugar

Antonio Tojeira é un home feliz: leva un ano en Alacante como inspector de policía e goza do sol, a modernidade que trae o turismo na España aínda triste de 1980 e unha incipiente relación con Cruz, unha botadora de cartas con quen comparte a súa paixón polo esotérico. Pero todo se torcerá debido a dous acontecementos inesperados: un mozo morre arroiado en estrañas circunstancias na estación de tren e un télex chega de Madrid anunciando que cada comisaría do país deberá achegar un número determinado de inspectores ao País Vasco. Alacante debe enviar a un e Antonio sofre presións dos seus compañeiros, á vez que unha investigación parece dirixirlo a unha trama de policías corruptos, grupúsculos fascistas e escuros intereses políticos.

Editorial en castelán

Editorial AdN

Lo que te persigue Óscar Montoya autor do Mapa Literario de Vigo

Lo que te persigue

Israel é un vendedor de seguros e escritor en plena crise da mediana idade ao que de súpeto se lle vén o mundo encima cando, tras unhas probas médicas, a súa nai debe ingresar nun hospital de Vigo, a súa cidade. Son noites longas, nas que, á espera de análises e resultados, non parece fácil durmir, pero Israel ten moito en que pensar mentres deambula polos corredores. Como en Mario, o seu fillo de nove anos, ao que criou como seu pero que empezou a facer preguntas sobre o seu pai biolóxico; ou a enfermidade aínda sen nome da súa nai, e nela e a súa fortaleza, tamén no seu pasado como nai solteira e en todo o que tivo que vivir durante a primeira infancia de Israel, como a estraña morte do seu tío Jaime; ou no seu irmán, Alberto, de viaxe en Cuba e que afirma que regresará pronto con Yanelis, unha descoñecida con voz demasiado rouca que di ser o amor da súa vida; ou en Agostiña, a filla da muller con quen a súa nai comparte habitación no hospital, unha muller excesivamente amable que parece ocultar algo… Ou a curiosa relación entre a tan soñada carreira literaria de Israel e a súa vida sexual, porque tras lograr ao fin publicar unha novela negra cunha editorial prestixiosa, a intimidade coa súa muller xa non volveu a ser a mesma. Pero, sobre todo, Israel, pensa, aínda que non queira, en Teresa Salgueiro, unha aguerrida portuguesa de profundos ollos verdes que acaba de realizar un errado asalto a un furgón blindado e agora é unha fugitiva da policía. Teresa é a protagonista da súa nova novela. Esa que non debe escribir porque ten cousas máis importantes en que pensar…

Editorial en castelán

Editorial AdN