Moda galega
Reimóndez, María
Edicións Positivas
Localizacións

ALCALDE PORTANET
PORTANET: MODA LUSITANA
Podemos ser irmás.
Eu entro e probo camisetas
que custan menos de mil.
Todo está cheo de caixas,
dun boureo coma eses
que só é quen de fabricar a historia.
Moda Lusitana. […]
Xeolocalización
42.21158813435382, -8.73582974582821
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

BALAÍDOS
BALAÍDOS: ESSE
Podería ser a entrada
a un portal.
E sen embargo,
aínda cabe o escaparate
a carón da porta,
con dous traxes
chics e modernos.[…]
Xeolocalización
42.212102326627125, -8.739729944406571
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

FRAGOSO
FRAGOSO: EL SOSTÉN
Sei que dentro
hai sosténs maiores
porque é onde comprei os meus
cando me perderon a maleta
con toda a roupa de verán
e interior dentro
mais un par de libros reaccionarios.[…]
Xeolocalización
42.215608283962574, -8.735969951878694
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASTELAO
CASTELAO: CHAROL E MARÍA REI
Era o verán.
As rebaixas.
Os pés cansados.
Neles os meus ollos
preguntándose
polo destino
de todos eses corpos.[…]
Xeolocalización
42.216988354961956, -8.7553056694425
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MANUEL DE CASTRO
MANUEL DE CASTRO: LENCERÍA PIQUÉ
De socate río,
— un riso pouco agradable,
dígovolo eu—
ao pensar o
escándalo que provoca saber,
as poucas veces que saen á luz,[…]
Xeolocalización
42.21367966347916, -8.741072841834537
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASTRELOS
CASTRELOS: EMILY
Podo rompelos.
Os sosténs.
Os corsés.
Incharei o peito
e alá irán.
Coidado
as e os da primeira fila.[…]
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

FLORIDA
FLORIDA: MARÍA FERREIRO
Esta debe ser a tenda
da señorita Pepis.
Un mundo de cor infantil
dos anos que eu vivín.
Unha señorita Pepis un tanto descocada
coma as cores rechamantes
da súa palestra de maquillaxe. […]
Xeolocalización
42.21387299481628, -8.742869459322108
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CAMELIAS
CAMELIAS: FERPES
Roupa interior por xunto,
maioristas de cus
e bragas.
Perchas do país
de Liliput.[…]
Xeolocalización
42.22749829651671, -8.730062984131559
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

LÓPEZ MORA
LÓPEZ MORA: AR
Ar.
Esa doce palabra galega
a través da cal
os galeguistas e poetas
describiron a sociedade
tradiconal galega,
matriarcal,
din eles,
onde as mais
(que non as mulleres)
tiña un posto social crucial.[…]
Xeolocalización
42.22500545518, -8.732353830758752
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

PRÍNCIPE
PRÍNCIPE NO NADAL
Non fai falla máis
que abrir os ollos
e está ao noso lado.
Entre o movemento
espasmódico
das masas,
unha morea de mulleres
que fan horas interminables
ata acabar
por case empaquetarse
a si mesmas
cun lazo dourado.[…]
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VELÁZQUEZ MORENO
VELÁZQUEZ MORENO: GALATTI
Manequíns
sen cabeza
e sen roupa.
Como todos eses corpos
no telexornal
Unha nova vítima da
violencia doméstica
aparece morta a puñaladas[…]
Xeolocalización
42.23704184560018, -8.721778273241974
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

EDUARDO IGLESIAS
EDUARDO IGLESIAS: CÓMPLICE
Un día destes
ti e mais eu
habemos ir de compras.
Tal e como fomos
hai só uns días
en Múnic,
que se di
come se quedaes
aí ao lado. […]
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Xeolocalización
42.23724666719662, -8.716488996148874

URZÁIZ
URZÁIZ: MARISA PASCUAL
Blanca e mais eu
buscabamos unha cafetería
que caeu
ante o ímpeto da moda
e agora foi substituída
por unha tenda. […]
Xeolocalización
42.23255014470028, -8.711085015570024
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

GRAN VÍA
GRAN VÍA: AFRICAN BLUE
Xerseis de la.
A moreas.
A miña paixón.
E agora comprendo
por que Vic sempre di
que os meus xerseis
son imperfectos.[…]
Xeolocalización
42.22668953936956, -8.721173430909756
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
Un catálogo de dúas estacións. Un paseo polas rúas e os escaparates. Fíos. Teas. Tendas. Corpos. Fendas. Unha cidade. Un percorrido polas mil imaxes e as mil vidas. Entre o consumo e o consumirse. Entre a obriga compulsiva e a alternativa de soñar. Ironías crúas. Moda galega. Pasen e vexan.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Reimóndez, María. Moda galega. Edicións positivas. Uso do dereito a cita.
Editorial
Editorial en galego
Edicións Positivas
1ª edición
2002
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Monumento Manuel de Castro
Escultor Rafael Álvarez Borrás, arquitecto Manuel González Román
Liña 3
López Mora
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.