Menéndez, Cynthia

Vigo, 1993

Medrou no barrio do Calvario.

Fotografía: Editorial Galaxia - web

Biografía

Cursou estudos de inglés, francés, portugués e italiano en centros e universidades de Inglaterra, Gales, Francia, Os Estados Unidos, O Canadá e Portugal. Viaxa, le e escribe. 

É poeta e libreira. 

Son coma glaciares os barcos de aceiro é a súa primeira novela.

Bibliografía: Editorial Xerais

Parada bibliográfica

Son coma glaciares os barcos de aceiro, Cynthia Menéndez autora do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Son coma glaciares os barcos de aceiro

Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.

Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa.

Unha ofrenda ao Vigo todo azul, coma os uniformes dos traballadores, coma o ceo de día sobre a ría, coma o ceo de noite por riba dos guindastres, azul coma a lealdade, o compromiso, a nostalxia, a morriña; coma a saudade; azul coma o frío, as baleas baixo a auga azul, coma a tinta, coma o Celta, coma as revoltas obreiras. Coma os glaciares

Edición en galego

Editorial Galaxia