marxes
GUÍA ILUSTRADA DO VIGO REBELDE
MARTÍNEZ, XURXO
RODRÍGUEZ, DAVID
Editorial Xerais
Localizacións

MONTE GALIÑEIRO
Pastores do Galiñeiro
No cume do monte Galiñeiro
Arredor do Galiñeiro coñeces detalles que se contan na familia. O avó vivía con intensidade o monte. Nos días de moita farfalla ou cando viña un baión, metíase nas cavidades de pedra que tantas lendas agocha. A unha dela chámanlle A Cova da Becha en referencia a unha enorme serpe que de menú favorito tiña ovellas e cabras. Pois iso, disque facíanlle ofrendas como os indíxenas amerindios que miraches esoutro día nun documental da tele de cable.
Xeolocalización
42.14139596921871, -8.707055372012572
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

BEIRAMAR
Folga de 1972
Factoria Hijos de J. Barreras
Avenida de Beiramar,2
Onte dixéronme que as malleiras en Príncipe están sendo moi duras e a xente non resiste. Por iso fixen ben en aceptar os consellos do Moncho de Barreras, para adiantarnos ás intencións policiais marchando dende o 10 ao monte ou a casas seguras. Así a nosa organización non será descabezada.
Xeolocalización
42.235365728656866, -8.733284093113626
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CALVARIO
As barricadas
A guerra (II)
Os choróns e O Calvario
Axiña vos poñedes, homes e mulleres, a erguer barricadas no Calvario, Outros tiñan case rematada a dos Choróns. Apañades adoquíns, madeira, pedras… Todo vale. Segue chegando máis xente e gañades confianza. Decides ir durmir unha miga, apenas unhas poucas horas.
Na mañá do 21 de xullo o capitán Carreró, ao mando de medio cento de soldados, inicia o asalto á primeira barricada.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

BERBÉS
Bou Eva
Praza do Berbés
Pero hoxe a rota lévate até o novo Bou Eva, na rúa Terzo de Fóra, que non che resulta doada de atopar. Acodes a unha conferencia de Conchita Nogueira. Pouco sabes dela agás que é unha das nenas do Bou, así coñecidas no Berbés tras a morte de seu pai e nai.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CÁNOVAS DEL CASTILLO
Emigración europea
Rúa Cánovas del Castillo, 3-5
(Estación Marítima)
Entrades na Estación Marítima. Un home, revestido de autoridade, solicita os papeis, mentres outro revisa os contidos da maleta e saca que arrastras. Mándanche asinar. Fas un garabato como ben podes. Continúas. Entón decátaste que unha reixa metálica te serpara xa de Vigo.
Xeolocalización
42.241793876368725, -8.728017802077881
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FÁBRICA DE ÁLVAREZ
A folga de 1946.
As mulleres de Álvarez
Rúa Ramón Nieto, 432 – 464
Na fábrica de louza e cristal de Álvarez, coa súa enorme extensión de sabana africana, encontras con frecuencia máis voces femininas desesperadas pola situación de fame e miseria. Cóntanse casos e anécdotas nenos mortos por doenzas curables, escenas de violencia por faragullas, egoísmos e amenazas de delacións falsas.
Xeolocalización
42.225631921008784, -8.674314459577952
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

AEROPORTO DE PEINADOR
1984
Tres folgas xerais
Vía Norte
Mentres agardas, repasas as mobilizacións acontecidas en Vigo dende a xornada de loita do 15 de abril do 83. Nesa data fora un paro parcial, polo mediodía, que contou cunha formidable resposta: transporte, centros de saúde, medios de comunicación, comercio, mercados… Todo parara. E aqueles que non querían, como os grandes almacéns ou oficinas bancarias (coaligazón capitalista transnacional), foron advertidos por piquetes para axiña saír fóra e unirse á manifa.
Xeolocalización
42.23131088372364, -8.62838577693686
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PRAZA DA PRINCESA
Fundación Penzol
Praza da Princesa, 2
Un día chamáronte do Concello de Vigo para asistir á sinatura do convenio coa Fundación Penzol. A sede trasladouse á antiga casa consistorial, que para o teu pai sempre foi a Casa da República, situada entre a praza da Constitución e a praza da Princesa, co Sereo de Leiro á vista.
Xeolocalización
42.23847462353992, -8.725638686959586
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

GARCÍA BARBÓN
Xohana Torres
Rúa García Barbón, 1-3
Remata o túnel no interior intestinal da urbe. Saes, con paso decidido para te chantar fronte ao alto edificio, actual se de Abanca, onde Xohana Torres dirixiu durante o tardofranquismo Raíz e Tempo, na emisora La Voz de Vigo. Este foi o primeiro programa en lingua galega emitido pola radio, por iniciativa da Asociación Cultural, des que rematou a guerra. Que valentía tivo Xohana!
Xeolocalización
42.237705379209515, -8.720460723103836
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz
Sinopse
«Marxes» traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González e ilustrada por David Rodríguez, esta «Guía ilustrada do Vigo rebelde» é perfecta para ler ou para percorrer a pé os escenarios dos feitos.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2021
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Serra do Galiñeiro
Liña 3
Tomás Alonso
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.