Martínez, Xurxo
Vigo, 1984
Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo.
Fotografía: arquivo do autor
Biografía
A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. Autor de varios libros, en Xerais publicou «Luís Soto. A xeira pola unidade galega» (2011) e «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte» (2018), escrito con Emilio Xosé Ínsua.
Colaborador habitual na prensa escrita e dixital, premiado en certames poéticos e narrativos, tamén realiza labores como guía literario-cultural por Vigo. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Marxes
Guía ilustrada do Vigo rebelde
«Marxes» traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González e ilustrada por David Rodríguez, esta «Guía ilustrada do Vigo rebelde» é perfecta para ler ou para percorrer a pé os escenarios dos feitos.
Edición en galego
Editoral Xerais