Martín códax e os xograres do mar de Vigo
pena, xosé ramón
EDITORIAL XERAIS
Localizacións

MARTÍN CÓDAX
I ONDAS DO MAR DE VIGO
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo
e ai Deus!, se verrá cedo.
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado
e ai Deus!, se verrá cedo.
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro
e ai Deus!, se verrá cedo.
Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado
e ai Deus!, se verrá cedo.
MAR DE VIGO
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MARTÍN CÓDAX
II MANDAD’HEI COMIGO
Mandad’hei comigo,
ca vén meu amigo.
E irei, madr’, a Vigo!
Comigo’hei mandado,
ca vén meu amado.
E irei, madr’, a Vigo!
Ca vén meu amigo
e vén san’ e vivo.
E irei, madr’, a Vigo!
Ca vén meu amado
e vén viv’ e sano.
E irei, madr’, a Vigo!
Ca vén san’ e vivo
e d’el-Rei amigo.
E irei, madr’, a Vigo!
Ca vén viv’ e sano
e d’el-Rei privado.
E irei, madr’, a Vigo!
VIGO
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

MARTÍN CÓDAX
III MIA IRMANA FREMOSA
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la Igreia de Vigo, u é o mar salido
E miraremos las ondas!
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la igreia de Vigo, u é o mar levado.
E miraremos las ondas!
A la igreia de Vigo, u é o mar levado
e verrá i, mia madre, e o meu amado
E miraremos las ondas!
A la igreja de Vigo, u é o mar salido
e verrá i, mia madre, o meu amigo
E miraremos las ondas!
MAR DE VIGO
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MARTÍN CÓDAX
IV AY DEUS, SE SAB’ ORA MEU AMIGO
Ay Deus, se sab’ ora meu amigo
com’ eu senneira estou en Vigo!
E vou namorada.
Ay Deus, se sab’ ora meu amado
com’ eu en Vigo senneira manno!
E vou namorada.
Com’ eu senneira estou en Vigo,
e nullas gardas non hei comigo!
E vou namorada.
Com’ eu senneira en Vigo manno,
e nullas gardas migo non trago!
E vou namorada.
E nullas gardas non ei comigo
ergas meus ollos que choran migo!
E vou namorada.
E nullas gardas migo non trago
ergas meus ollos que choran ambos!
E vou namorada.
VIGO
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

MARTÍN CÓDAX
V QUANTAS SABEDES AMAR AMIGO
Quantas sabedes amar amigo
treides comig’ a lo mar de Vigo.
E bannarnos hemos nas ondas!
Quantas sabedes d´amar amado,
treides migo a lo mar levado.
E bannarnos hemos nas ondas!
Treides comig’ a lo mar de Vigo
e veerémo-lo meu amigo.
E bannarnos hemos nas ondas!
Treides migo a lo mar levado
e veerémo-lo meu amado.
E bannarnos hemos nas ondas!
MAR DE VIGO
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MARTÍN CÓDAX
VI ENO SAGRADO, EN VIGO
Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido.
Amor hei!
En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado.
Amor hei!
Bailava corpo delgado,
que nunca houver’ amado.
Amor hei!
Bailava corpo velido,
que nunc’ houver’ amigo.
Amor hei!
Que nunc’ houver’ amigo,
ergas no sagrad’, en Vigo.
Amor hei!
Que nunc’ houver’ amado,
ergas en Vigo, no sagrado
Amor hei!
VIGO
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

MEENDINHO
Seríam’eu na ermida de San Simón
e cercáronmi as ondas que grandes son.
Eu atendend’o meu amig’! E verrá?
Estando na ermida, ant’o altar,
cercáronmi as ondas grandes do mar.
Eu atendend’o meu amig’! E verrá?
E cercáronmi as ondas, que grandes son,
nen hei [i] barqueiro nen remador.
Eu atendend’o meu amig’! E verrá?
E cercáronmi [as] ondas do alto mar,
nen hei [i] barqueiro nen sei remar
Eu atendend’o meu amig’! E verrá?
Non hei i barqueiro nen remador;
morrerei [eu], fremosa, no mar maior.
Eu atendend’o meu amig’! E verrá?
RÍA DE VIGO
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes
Sinopse
A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares -velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…- que forman parte do noso devir cotián.Redactado con rigor e amenidade, «Martín Codax e os xograres do mar de Vigo» artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2017
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Mar de Vigo
Cabo Estai
Liña 10
Mar de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.