Marco, María

Vigo, 1979

Licenciada en Humanidades e doutora en Belas Artes cunha tese sobre a escritura na práctica artística contemporánea.

Fotografía: web Editorial Xerais - Manuel G. Vicente

Biografía

Na actualidade compaxina a crítica de arte co comisariado de exposicións e colabora habitualmente no suplemento «El Cultural» do xornal «El Mundo» e na revista «Tempos Novos», entre outros medios. «Coidadora» (Xerais, 2021), Premio Xerais de Novela 2020, é a súa primeira novela.

Bibliografía: Editorial Xerais

Parada bibliográfica

Coidadora María Marco Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Coidadora

A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.

Edición en galego

Editoral Xerais