Mancebo, Alberto

Vimianzo, 1983

Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila.

Fotografía: web Editorial Xerais - Luis Sanmartín

Biografía

Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve. Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá.

Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) é a súa primeira novela. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes.

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

O que queda pro dicirche Alberto Mancebo autor do Mapa Literario de Vigo

O que me quedaba por dicirche

A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.

Edición en galego

Editoral Xerais