Malone, Marleen
Iolanda Zúñiga
Vigo, 1975
Non foi culpable de malograr a súa vida. Foron os planetas quen se aliñaron o día do seu nacemento co fin de estampala contra a necesidade creativa.
Fotografía: editorial Xerais - web
Biografía
Subornou a unha astróloga para que lle refixese a carta astral, sen resultado favorable: o signo zodiacal Acuario, con ascendente en Acuario, aferrábase a ela, impedíndolle unha existencia ortodoxa. Na busca dun porvir común, obviou a quiromancia (sempre tiña as mans sucias) e a cafeomancia (a cafeína alterábaa). Suplicoulle, entón, a unha vidente, que lle augurara un futuro máis pragmático que quimérico. Nin a bóla de cristal nin o tarot a compraceron. Foi nunha terapia de regresión onde comprendeu todo: na súa vida anterior fora unha vedete, nome artístico Marleen MaLone, á que lle encomendaran a misión de distraer as tropas no tempo da guerra.
Tan ben desempeñara o seu papel que os soldados esqueceran lanzar bombas, pois andaban atarefados en desatoar os canos dos seus pistolos. Foi a bibliomancia quen lle puxo título a este manual cando a autora abriu un libro de Félix Rodríguez de la Fuente e, cos ollos pechados, sinalou co dedo unha frase: «O ruxir das femias en celo durante as noites de safari.» En Xerais, publicou o libro de relatos «Vidas post-it» (2007), o poemario «Amor amén» (2008), «Periferia» (Premio Xerais de Novela 2010) e »Noites de safari» (Xerais, 2018).
Bibliografía: Editorial Xerais
Parada bibliográfica

Noites de safari
Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío.Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo