maelström, Maelström

sánchez Gálvez, Manuel

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Montero Ríos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTERO RÍOS

Pero ese mércores, Amanda pedíralle á súa nai que, tras recoller a nena en clases de inglés, a levase ás seis en punto ata o piso novo, no múmero 4 da rúa Montero Ríos, nun edificio de pedra de aspecto señorial con tres fiestras brancas que ocupaban todo o ángulo sobre a zona do porto.

Xeolocalización

42.240682393563354, -8.722528844358807

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

O meu nome é Nemo, aínda que fun coñecido como o capitán Nemo, da nave Nautilus (…) Preciso que se coñeza como pasei cento corenta e seis anos confinado no porto de Vigo, soñando con facerme de novo á mar. Estou a escribir sobreo meu escritorio de palisandro, diante da fiestra dende a que vexo as luces do peirao de transatlánticos.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Avenida Castelao, barco Alfageme, barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AVENIDA DE CASTELAO

Percorreu toda a avenida de Castelao apurando por pasar os semáforos en laranxa mentres repasaba os datos que lle dera ao director. Cruzou a enorme rotonda que dividía en dous tramos a avenida, case que en liña recta, sen deixar de pensar nas respostas para as preguntas que quedraon pendentes da noite anterior ao teléfono (…) Ao arrancar, como cada día, torceu á dereita cara a Bouzas. A voz de Xiana no asento traseiro sobresaltouna.

Xeolocalización

42.21846330102904, -8.74410510017874

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

BAÍA DE VIGO

Decateime de que xa non estaba no Nautilus xusto ao caer nun sono negro, coma un pesadelo, pero do que espertei eufórico, como dunha longa noite de descanso profundo. E espertei na cidade de Vigo, naquela baía á que tantas veces volvín co meu Nautilus na procura dos seus tesouros que durante trinta anos financiaron amiña vida baixo dos mares.

Xeolocalización

42.24592538592534, -8.717746755721576

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Rúa Romil. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ROMIL

Despois sentín a necesidade de cubrir o meu corpo ante a presenza daquel escritorio que semellaba fitar cara a min e que, por moitos anos, había ser o único vestixio que me lembrase a existencia de Maelström e do meu pacto con el. (…) Dende entón, nos caixóns apareceu en cada momento todo o que puidese precisar (…) mesmo as escrituras da casa en que espertei, na rúa Romil, daquela unha zona residencial de chalés e palacetes, coma o meu. Os meus veciños forton dende o comezo os presoeiros máis salientables da sociedade viguesa do momento.

Xeolocalización

42.23012085502815, -8.729562016881324

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Estación de tren Vialia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN DE TREN (1881)

Nesta ledicia transcorreron os meus seguintes anos en Vigo, nos que nunca botei de menos facerme ao mar. (…) Así foi ata o 5 de xuño de 1881, día da estrea do tren con pasaxeiros entre Vigo e Ourense, en que dous sucesos mudarían os seguintes trinta anos da miña vida. (…) Foi nese momento que souben que tampouco podería viaxar cara ao interior do continente, xamais. Estaba prisioneiro en Vigo. (…) O tren partiu sen que deisase de mirar cara ao cha. Non me decatei de como a estación se baleiraba e xente, tampouco de que estaba a ficar só no vestíublo, nin de que alguén se achegaba a min.

Xeolocalización

42.23454198605381, -8.71376122376149

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

Cando Claire e Fernando se deitaron quedei só na terraza, observando por un intre as intermitencias da lámpada do faro das Illas Cíes. Entón concretouse a inquedanza que me axexara durante todo o día, traendo ao meu maxín o momento, futuro pero insoportablemente real, en que Claire e Fernando morrerían.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Alcabre. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCABRE

Poallaba. Camiñei sen rumbo, afastándome da cidade pola estrada de Baiona, atravesei Peniche, Bouzas, Alcabre, ata que me atopei na praia de Samil, baixo a luz dunha lúa minguante. Busquei a rocha máis saínte da zona, subín a ela e, berrando cara ao mar, invoquei a Maelström.

Xeolocalización

42.21810470413489, -8.76775849178899

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Cemiterio de Pereiró Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CEMITERIO DE PEREIRÓ

Fernando, o meu fillo querido, morreu o 17 de setembro. Claire comezara coa febre dous días antes. O día 23 dese mesmo mes de setembro, enterreina no cemiterio de Pereiró, nun panteón onde non deixei sitio para ningún féretro máis, cunha única lápida gravada.

Xeolocalización

42.209243202779454, -8.733662801923119

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Igrexa Santa Cristina de Lavadores Concello de Vigo Mapaliterario Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

PRAZA DA INDUSTRIA

A chuvia colleuna desprevenida ao saír do garaxe. Un atasco na praza da Industria fixo que se demorase dez minutos máis do previsto. Por sorte,atopou aparcamento na mesma porta do edificio.

Xeolocalización

42.22491949421082, -8.735819850563955

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Ferrería, zona vella. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FERRERÍA

Só saía da cama ao solpor, percorrendo os peiraos coma un obseso. Chegeu a coñecer de memoria cada un dos barcos que atracaban en Vigo. Esas noites case sempre as remataba na Ferrería, nunhas cantinas onde se xuntaba toda a amálgama do porto. Os mariñeiros acudían ás prostitutas e ao xogo.

(…)

Había pouco movemento na Ferrería, a causa da resaca da Noitevella. (…) Moitos dos baixos da zona estaban pehados pola falta de público, co que decidín achegarme á rúa do Pracer, onde sabía que atoparía aberto o galpón do Gordo.

Xeolocalización

42.23793314850413, -8.72719463091401

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTA DO SOL

Xa na rúa deserta, fíxenlle un xesto para que me seguise. Nuns minutos baixamos as escaleiras de pedra ata o hotel Moderno, na Porta do Sol. Gustábame, porque adoitaban recibir no día os xornais de Santiago, da Coruña e mesmo de Madrid, estes con pouco atraso.

Xeolocalización

42.23814724281723, -8.725446673241903

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Carral Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CARRAL

Axitaba as mans, tremíalle a voz e non paraba de moverse diante de min, que recibín a noticia como unha labazada no medio da cara. Non respondín. Deille as costas e baixei pola rúa Carral, camiñando sen vacilacións, pero sen obxectivo fixo, sen importarme se Bieito me seguía ou quedaba alí.

Xeolocalización

42.23862863346717, -8.72475300959445

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Muralla do Castro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE DO CASTRO

Afasteime. Primeiro da axencia, despois do porto e, finalmente, subín ata o monte do Castro. Máis de 200 mortos! Non entendía que a besta non se asañase comigo (…) Por que tiñan que pagar douscentos mortos de fame que nada tiñan que ver cos nosos pactos?

Xeolocalización

42.2313974589665, -8.726395508291835

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Club Náutico de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

NÁUTICO

Foi tanta a soidade en que caín neses anos, que o porto converteuse no único coñecido que permanecera ao meu lado dende os vellos tempos. Dediquei moitas horas a pasear entre os barcos, sen atreverme a achegarme aos mariñeiros nin a conversar con eles. Tanto arraigara no meu interior o terror a Maelström! Pero tamén o porto, co paso dos anos, me virou as costas como llas virou á cidade da que era fillo. Por seguridade, prohibiuse o paso á zona de mercancías, despois chegoulle o tempo ao porto pesqueiro, onde cada vez foi máis difícil acceder aos peiraos. Ao final, só gozaba paseando entre as embarcacións de recreo da dársena do Náutico (…) Gustábame especialmente miralos dende un saínte cadrado no medio da dársena, fronte ao edificio pequeno do Náutico.

Xeolocalización

42.24165664318592, -8.724486572412875

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Monumento a Jules Verne Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

MONUMENTO A XULIO VERNE

No saínte cadrado dende o que tantas veces observara os veleiros (…) atopeime con Maelström. Cento trinta e sete anos despois volvía aparecer. No medio do cadrado, baixo a forma dunha estatua de bronce verde que representaba catro tentáculos dun polbo xigante, e no cumio deles, sentado coma aquela noite na costa norueguesa, Xulio Verne, cun libro na man, fitándome cos mesmos ollos asustados. O aumento do ruxido na miña cabeza confirmoume que non era unha simple estatua. Eran eles, e viñeran por min.

Xeolocalización

42.241487919380596, -8.722903502077878

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

E se o Capitán Nemo estivese a vagar por Vigo dende o afundimento do Nautilus?

E se levase 150 anos atrapado na cidade por unha maldición da que non é quen de escapar? E se a súa historia se cruzace coa dunha muller dos nosos días e a súa filla de seis anos? Nesta súa primeira novela, Manuel Sánchez Gálvez revélase como un autor na procura dunha narrativa de aventuras que nos leva de viaxe polos universos de Verne e de Nemo, mais tamén polas dificultaces que unha muller moderna e triunfadora no mundo empresarial pode atopar cando o seu mundo, que cría seguro, se esboroa. Unha novela engaiolante.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2016

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Dársena da Laxe

Embarcacións recreativas

Liña 8

Dársena A Laxe

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar