Loureiro, Manel
Vigo, 1975
Escritor e avogado que traballou como presentador na Televisión de Galicia e como guionista de diversos proxectos. Na actualidade colabora nos xornais La Voz de Galicia e El Mundo, así como na Cadena Ser e Onda Cero.
Fotografía: web Editorial Planeta - Nines Minguez
Biografía
A súa primeira novela, Apocalipsis Z. El principio del fin, comezou como un blogue na internet que escribía nos seus intres libres. Debido ao gran éxito que alcanzou (transformouse nun fenómeno viral con máis dun millón e medio de lectores en liña), foi publicado en 2007, converténdose nun best seller.
As súas seguintes obras, Los días oscuros, La ira de los justos, El último pasajero, Fulgor , Veinte e La puerta foron un éxito de vendas non só en España, senón noutros moitos países do mundo. Ademais, Manel é un dos poucos autores españois contemporáneos que conseguiu situar os seus libros na lista dos máis vendidos de Estados Unidos.
Bibliografía: Editorial Planeta
Paradas bibliográficas

Apocalipsis Z: El principio del fin
Nalgún lugar do Cáucaso un grupo de rebeldes asalta unhas instalacións militares e de forma accidental libera unha enfermidade que se propaga sen freo por todo o planeta. Os infectados polo virus morren, pero só en aparencia, xa que ás poucas horas volven á vida e abalánzanse contra as persoas libres de contaxio movidos por unha agresividade descoñecida e sen límites. O protagonista, un novo avogado que vive nunha pequena cidade, observa estupefacto o goteo de noticias ata que esa misteriosa praga chega ata a súa porta. A partir dese momento o seu único obxectivo será tratar de sobrevivir, cruzando o territorio que antes coñecía como Galicia, pero que agora se transformou no inferno na terra.
Editorial en castelán
Editorial Booket

Apolacipsis Z: Los días oscuros
Os sobreviventes da Apocalipse Z foxen ás Illas Canarias coa esperanza de atopar unha zona que non estea inzada de Non Mortos. A duras penas conseguen chegar ata Tenerife, onde tropezan cun escenario aterrador: As illas están ao bordo dunha guerra civil aberta entre dous gobernos opostos e a súa poboación desespérase pola falta de recursos para sobrevivir. Unha suma de erros e malentendidos fará que as autoridades encarguen aos protagonistas unha misión case suicida: voar a Madrid para saquear o hospital La Paz, o último gran almacén de medicamentos que queda nunha Europa baleira e devastada, e levar o seu contido de volta ás illas.
Editorial en castelán
Editorial Booket

La puerta
O achado do cadáver dunha nova, asasinada mediante unha antiga forma ritual aos pés da mítica Porta de Alén, desconcerta aos seus investigadores. A axente Raquel Colina é unha recentemente chegada a ese recuncho perdido de Galicia para tratar de salvar ao seu fillo, ao que o medicamento xa non pode curar. Sen outra alternativa, e chea de dúbidas, Raquel recorrera a unha menciñeira local, que prometía a súa sanación. Con todo, a misteriosa desaparición da curandeira e o descubrimento da vítima da Porta fan sospeitar a Raquel que ambos os casos poden estar relacionados.
Editorial en castelán
Editorial Planeta

Cuando la tormenta pase
Atrapado en Ons, unha pequena illa da costa atlántica galega, Roberto Lobeira non ten posibilidade algunha de chegar a terra firme nin de comunicarse co exterior debido a unha tormenta que parece ser o preludio dunha traxedia. Cando descobre un fardo que as ondas levaron ata a beira, o seu contido provoca que os poucos habitantes que viven na illa dean renda solta a décadas de rancor, celos, vellas contas que saldar e sede de vinganza. E, aínda por riba, unha presenza misteriosa e axexante deixa unha ofrenda sanguenta na porta da súa casa, coma se se tratase dunha enigmática mensaxe que non pode comprender. Inmerso nun bulebule de odio, segredos inconfesables e ambición desmedida, Lobeira terá que sobrevivir na illa… ata que a tormenta pase.
Editorial en castelán
Editorial Planeta