lobos nas illas

Aleixandre, Marilar

 

Editorial galaxia

Localizacións

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Era totalmente imposíbel que a súa ruta o trouxese do lado do mar; na época de meu avó houbo barcos que viñan de Vigo, mais desapareceran había tempo, sendo máis probábel que viñese ben no «Finisterre», ben nun taxi desde a estación de Santiago.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Carral Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CARRAL

Os domingos pola mañá, despois de misa, meu pai lévanos tomar un refresco e patacas fritidas a un bar que hai na praza de Compostela, e polas tardes ás veces vou con meus irmáns até unha xeadaría que hai en Carral, pero temos que botar moitas contas, a paga de semana non chega para os xeados e mais o cine, eles escollerían moitas veces o primeiro, e eu o segundo. Como ves a rutina dos días de festa é tan insulsa como a diaria.

Xeolocalización

42.23862863346717, -8.72475300959445

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Rúa Pracer. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PRACER

Pois ben, foi esta última película, e ao final Chicago anos trinta. Pois ben, foi esta última película, que podería ver sen ruborizarse unha ursulina, a que provocou as iras do prefecto, segundo el porque presentaba como protagonista unha muller de mala vida, pobre Cyd Charisse! Este home parece non decatarse de que se os alumnos queren coñecer a mala vida en directo, chega con daren unha volta pola rúa do Pracer, a pouca distancia do colexio. Sen ir tan lonxe, un pode ilustrarse sobre os coñecementos e hábitos sexuais —temo que imaxinarios as máis das veces— dos seus compañeiros lendo o que escriben por dentro das portas dos retretes.

Xeolocalización

42.236409364249326, -8.725672673196435

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Panorámica Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Querido Roberto: odio esta cidade.
Odio as rúas escoltadas por edificios desiguais, só informes na súa fealdade. Odio esas fachadas altísimas que se estrelan contra o mar ocultándoo da vista. Odio este mar castrado da ría sen ondas nin espuma, tan diferente do noso. Odio os tranvías trenqueleantes que soben arfando as costas da cidade, e os seus raís que constitúen trampas mortais para os ciclistas. Odio as avenidas e rúa que teñen cruzamentos, pero nunca prazas, os bares inhóspitos e os comercios atendidos por vendedores anónimos, non polo vello Nemesio, ou por Pepe de Crisanto.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Como sabes dentro de tres meses farei vinte anos, quédame pouco tempo de ser teenager. En realidade creo que deixei de selo; nunca máis volverei tomar patacas fritidas nun café de Vigo os domingos á mañá, nin discutir durante horas sobre a elección dos xeados cos meus irmáns.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Areal do Vao. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

AREAL DO VAO

Talvez non o creas, mais desde esta cidade que segundo parece é a avanzada cultural de España, eu boto moitísimo de menos Galicia, Lobeira e até Vigo, polo menos Vigo como era hai dez anos, cando aínda os tranvías brancos e vermellos subían acorando as súas encostas —o mes pasado, cando fun ao enterro de miña nai descubrín qeu xa non hai tranvías—, cando nos bañabamos no mar, enfronte do Balneario, no que hoxe son as augas lixadas dun porto deportivo, enfronte da mole sen graza dun hotel que oculta o mar, cando o Bao era unha xunqueira, e non un campo de fútbol, cando en Samil había dunas. Teño un bo traballo aquí, pero creo que se me ofrecesen un en Vigo, aínda gañando menos, aceptaríao.

Xeolocalización

42.19802620216003, -8.793430005339877

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre…
Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, “Terror na madrugada”, e sobre os fusilados do 75, “A luz do día escura”, recollido en antoloxías en inglés.
A escrita delicada, a atención á creación de ambientes, o diálogo cos textos literarios, son trazos da voz de Marilar Aleixandre que escolle o relato como no que máis goza escribindo.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Editorial en galego

Baía Edicións

1ª edición

1996

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Pracer

Vista desde Venezuela

Liña 8

Pracer

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar