un tipo listo
monteagudo, Xosé
Editorial galaxia
Localizacións

VÍA NORTE
Era un martes, e como calquera outro día, de camiño á asesoría eu parei a almorzar no Térmite, a cafetería da Vía Norte onde cada mañá lle tomaba o pulso á xornada folleando o periódico mentres consumía o correspondente café cun croissant.
Xeolocalización
42.234738682262595, -8.710412330914119
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

SAMIL
Outras veces dedicabamos o tempo a camiñar por Samil ou polo Areal mentres o resío da noite acrecentaba en nós o degoiro de volver á agarimosa calor do fogar.
Xeolocalización
42.209575169315265, -8.776326274561523
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

COIA
Para romper a disciplina ermitá das horas de lectura e televisión nos dous sábados anteriores visitara a zona de Coia e mais O Castro.
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

BARCELONA
Nunha rápida lectura vin que comía acotío nun restaurante da rúa Barcelona.
Xeolocalización
42.22816644850138, -8.721742617426655
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

CAMELIAS
O luns pola tarde fun ata a avenida das Camelias. Tiven que camiñar durante máis dun cuarto de hora ata que a fin dei coa tenda. Ébano.
Xeolocalización
42.22749829651671, -8.730062984131559
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
A novela iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse.
A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, a herdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias verdades.
Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novela de Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias de éxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2009
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
CEIP Illas Cies
Vigo Cidade de cor: Peri Helio
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.