tizita e sabela na procura
val, marga do
Editorial Elvira
Localizacións

CASTRELOS
Estou contenta de estar aquó de vacacións, de que me desen a oportunidade de facer as prácticas deste verán no xardín do parque de Castrelos e no museo. É certo que o verán é máis para gozar das plantas que para darlles coidados, mellor sería aprender a podar as árbores, arranxar os carreiros de buxos… Que marabilla de árbores hai en Castrelos, en todo o parque, non só nos xardíns do pazo!
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASTRO
A fotografía en que a miña nai me está a empurrar no bambán do orfanato pendura nas paredes do seu cuarto, á beira daquela outra tirada neste mesmo lugar, aquí no Castro.
Xeolocalización
42.2313974589665, -8.726395508291835
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

REGUEIRO
Saio da miña casa na rúa Regueiro e tiro cara á avenida das Camelias, vou correndo por unha cidade que aínda me ve, que aínda se detén nos meus pasos, como a señora Manuela, que me di que vou chegar lonxe.
Xeolocalización
42.22282993261057, -8.729221030914454
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PORTO
Agora subo ao monte do Castro para correr e para pensar, para imroducirme neste ollo que todo o ve, podo pasar horas admirando a ría e imaxinando o barullo do porto, apampada cos vileiros ou co barco que vai a Cangas ou ás Cies no verán.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PRAZA DO BICENTENARIO
A avenida das Camelias empata coa rúa Venezuela, nesa rotonda onde hai unha escultura de Silverio Rivas, que é un olivo, cada folla representa a unha parroquia de Vigo, como nos explicou a profe de Historia, que nos mandou facer ese traballo das esculturas da cidade.
Xeolocalización
42.23476978701904, -8.725688149458657
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

ALAMEDA
Ao monte do Castro trasladaron tamén nos anos sesenta a estatua do poeta Curros Enríquez, que estaba na Alameda, onde se levantara por subscrición popular, coma se a súa presenza no centro da cidade molestase a alguén … E aquí che estivo o revolucionan o de C seu exilio; agora hai oito anos volveu para os xardíns do Areal, preto de onde estivo o revolucionario de Curros no seu exilio; agora hai oito anos volveu para os xardións do Areal, preto de onde estivo nas súas orixes; era unha reinvindicación e todas estas cousas simbólicas teñen máis importancia da que se pensa.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

O BERBÉS
Todo o que se mirou desde aquí, aí abaixo: a chegada dos barcos, a saída cara a América, adiviñar a construción, o alentar dos estaleiros, como a rebolos as casas van cara ao mar ou caen no val do Fragoso, na volta do monte … Coma seo mar nos fose tirar a fame. E todo o que lle roubamos ao mar, esa terra que lle botamos enriba para afogalo, mira o recheo de Bouzas … Como era antes o Berbés? O mar chegáballe á porta das casas.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PRAZA DE AMÉRICA
Pola Gran Vía abaixo, chegou á praza de América. Alí, a Porta do Atlántico de Silveno Rivas adquiría para ela un novo significado, non representaba o vello continente e o novo que se ollan unidos polo océano; o granito representaba os dous mundos de Sabela, que precisaban dun abrazo, e o Atlántico non existía como vía de unión.
Xeolocalización
42.220589623218224, -8.732527686734281
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MUSEO QUIÑONES DE LEÓN
No extremo da solaina do pazo de Concepción Arenal, o neno Tamiru, explica que Castrelos é diferente en cada estación e que sempre hai algo que facer, se chove entras no museo e se non chove podes correr e xogar. Castrelos para todo o ano e para cada día.
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
O relato Os poboadores do Atlántico desenvólvese nas paraxes naturais das Illas Cíes. As praias, os cantís, as furnas e os mosteiros son o escenario que percorren os personaxes. Os tempos que lles toca vivir aos protagonistas son difíciles e cheos de perigos, que tratarán de esquivar con astucia. A novela é unha homenaxe aos relatos de aventuras nas que se enxalzan valores universais como a lealdade e a amizade.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña Especial
Citas literarias
Licencia editorial otorgada por Editorial Elvira.
Editorial
Edición en galego
Editorial Elvira
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Monumento ó Bicentenario
Rúa Venezuela
Silveiro Rivas
Liña 7
Praza Bicentenario
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.