Tes ata as 10
castro, francisco
Editorial Galaxia
Localizacións

PRAZA DE COMPOSTELA
A oficina está en plena praza de Compostela, é dicir, na Alameda, nun edificio restaurado que por dentro destilaba modernidade a base de portas de cristal que abrían soas e elevadores de metal brillante, a pesar de que, probablemente, levaba alí chantado dende primeiros do século XX.
Xeolocalización
42.239560388376375, -8.721838202604031
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

MONUMENTO A VERNE
Non era necesario, pero fun ata o monumento a Verne para velo alí sentado sobre o polbo.
Xeolocalización
42.241487919380596, -8.722903502077878
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LUIS TABOADA
Sempre asociei a rúa Luis Taboada coa policía. De feito, alí segue a comisaría. E alí fora aos catorce anos para facer o carné de identidade e realizar distintas xestións ata que marchei vivir Á Coruña, …
Xeolocalización
42.2401542880881, -8.723856982053299
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Premio Frei Martín Sarmiento 2016 como Mellor Novela de Adultos
Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas…, todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2014
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parque da Alameda
Praza de Compostela
Liña 8
Luis Taboada
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.