tempos de bebidas isotónicas e fast-food
Alonso, Álex
Editorial Xerais
Localizacións

SAN MIGUEL DE OIA
A todas as nais de San Miguel de Oia que nos criaron naqueles anos
Querida Milucha:
Escríboche este correso eléctronico para che disir que estou a faser un curso de informática a través da Asosiasión de Visiños de San Miguel de Oia
Xeolocalización
42.183452667449174, -8.799515047793964
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

VIGO
Coma a expresión dunha derrota. O aceno do fracasado tras o vidro dunha botella de viño. Pero se todo marchaba de perlas, bobo. De diamantes. Ou de rubís. Tanto ten. Vivindo nun dos barrios chic de Vigo. Os nenos en colexios privados. Eu, coma unha señora, indo polas tardes ao club de campo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ROSALÍA DE CASTRO
Faro de Vigo. De novo hai que lamentar outro suicidio a causa dos desafiuzamentos. Nesta ocasión a terrible traxedia acaba de ocorrer en Vigo. Manuel Pintos, de cincuenta e oito anos, guindouse dende unha fiestra do seu piso, situado na quinta planta dun inmoble da rúa Rosalía de Castro. Con esta morte son xa trinta e seis as persoas que se suicidaron por mor destes chamados desaloxamentos express en toda Galicia no que vai de ano.
.
Xeolocalización
42.23792877657647, -8.71769285526579
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

FARO DE VIGO
Faro de Vigo. Edición do Morrazo. Director de sucursal de Novagalicia Banco salvaxemente atacado por un grupo de manifestantes das preferentes.
Os feitos producíronse ao redor da unha da tarde. Un grupo de exaltados polas preferentes entraron no banco pola forza, malia a existencia de vixilancia privada na entidade, e tras reducir os dous vixilantes xurados, dirixíronse ao despacho do director, a quen atacaron cun coitelo de grandes proporcións.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
E Liña Especial

VÍA NORTE
Eu ía nos asentos de atrás. Detrás de todo. Se me chegase a sentar noutro sitio… Quizais… Non sei. Era xa o último vitrasa. Bueno, o último autobús. Aquí en Vigo ao autobús chamámoslle así, o vitrasa. Vitrasa é a empresa. Viguesa de Transportes Sociedade Anónima. Seino de sobra porque paso todos os días pola súa sede, ou fábrica, ou… O 11 pasa por alí diante. Eu collo o 11. Subín na parada que está á altura da antiga estación de Renfe. En…, non recordo agora a rúa. É unha das principais de Vigo. A que cruza coa Vía Norte e con…, ¿como se chama? Non sei, estou un pouco nervioso. Agora non me sae. Nin unha nin outra.
Xeolocalización
42.234738682262595, -8.710412330914119
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

MARTÍNEZ GARRIDO
Pois eu subín na parada do Calvario. Traballo na rúa Martínez Garrido, nunha asesoría. Ía atrás. Na última fila. Sempre vou aí. Cando eu subo apenas vai xente. Xa é o último vitrasa, claro. Non sei o motivo de sentarme aí. Sento aí dende sempre. Xa saben. O home. O home que é un animal de costumes. Iso din. Sempre vou a ese lado. Non, nunca vira o rapaz. Vamos, eu nunca me decatei de que o vise algunha vez máis. Vou concentrado nas miñas cousas.
.
Xeolocalización
42.22646888486463, -8.703425075094517
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

GARCÍA BARBÓN
Collín o vitrasa en García Barbón. Onde está o teatro. Na parada que hai alí ao lado. Ía co meu colega Javichu. Sentamos atrás de todo. Ao lado del. Seica había tamén un tipo. Un señor. O señor miraba para fóra. Creo que nin se deu de conta de nós. Estabamos a whatsappear. Entre os dous. Escarallabámonos coa risa. Partíame o cu.
Xeolocalización
42.237705379209515, -8.720460723103836
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

ZONA VELLA - VIÑOS
Si, eu ía co Nando. Viñamos de tomar unhas birras nos viños. Collemos o vitrasa polos pelos. Tivemos que botar unha boa carreira porque xa arrancara. Fomos á parte de atrás. O ghichiño do autobús, o condutor, cando subimos, torceu o bigote. Supoño que…, o típico, estabamos medio contentos. Pola pinta, as chupas… ¡que sei eu! Son todos uns matados. Os condutores do vitrasa, digo…
Xeolocalización
42.239140329742284, -8.727215201394822
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CALVARIO
Levo na empresa, non sei, uns vinte e cinco anos, máis ou menos. Tería que botar as contas. Non, como vostedes suporán, non quedo coa cara de toda a xente. Xa bastante teño con levar o bus. É unha responsabilidade, claro. Home, si, dos usuarios habituais, si. Do señor que sobe no Calvario, si. Fáiseme coñecido. Pero nós traballamos por quendas, ou sexa, non facemos sempre o mesmo traxecto nin o mesmo horario. Son normas da propia empresa. ¿O rapaciño? Si, si que me soa velo máis veces. Ao ser oriental.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

GUIXAR
Si. Eu subín cando subiu o chavaliño. En Urzáiz. Na marquesiña da estación de tren. Bueno, agora a estación está en Guixar. A que foi estación de tren. Ou vai ser outra vez, xa non sei. Acórdome porque o chico me deixou pasar na porta de entrada. Aínda dixen para min: ¡mira para o chinito, que educado!.
Xeolocalización
42.241407151985385, -8.707968047294175
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

FÁTIMA
—Si, eu subín na parada da estasión de tren. Viña de Fátima, de visitar a miña vesiña Pereghrina. Levou unha caída cando baixaba as escaleiras da casa. Disque rodou coma un trompo. Rompeu tibia e … ¡Ah, si! É que cando me poño a falar… Eu non me decatei do rapás. Subín a primeira. Sempre me poño no sitio exacto onde para. O vitrasa, digho. Lerias de vellos. Non hai outra cousa que faser. Non vaia ser que non me pare. Era xa o último. O das onse. Si, si, o 11 das onse. ¡Mira, ti, que coinsidensia!
Xeolocalización
42.2345384390888, -8.707701330909508
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

PORTA DO SOL
Na miña parada subiron…, non sei, creo que tres ou catro persoas. Sei que cando entrabamos deixei pasar unha señora. Levaba un ramo de flores. Miroume con ollos de sorpresa. Creo. Sentei atrás. Detrás de todo. Xa o dixen. Onde os asentos son varios á vez. Urzáiz, joder. Collino en Urzáiz. A que vai rematar no Calvario. Indo para alá, claro. Dirección Cabral. Eu viña para acá. Para Oia. Eles subiron un pouco máis adiante. Na Porta do Sol. Acórdome porque estaba absorto nese momento vendo o Sireno. A min gústame. Gústame velo. Gústanme este tipo de esculturas, ou estatuas, que todo o mundo di que son horrorosas, e para min, en cambio, non sei, teñen esa beleza que nace da súa propia rareza, da súa singularidade. Para min, Vigo é coma o Sireno. E o Sireno é coma Vigo. Bueno, perdón pola…
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

VITRASA
Cando Nando lle soltou a primeira hostia púxenme de inmediato a gravar. Joder, unha de Steven Seagal no vitrasa. Os coleguis ían flipar. Unha peli destas mírase despois un mazo no YouTube. Desta, móntome no dólar, pensei. Non sabedes a cantidade de tarados que hai pedindo violencia da boa, da real. E esta era auténtica.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
E Liña Especial

CELTA DE VIGO
Puiden dicirlles que eu non era chinés, ou o que eles entenden por ser chinés. Son chinés porque nacín alá, evidentemente, pero aos dous anos os meus pais trouxéronme para Vigo e considérome tan vigués coma eles. Eu tamén vou á praia de Samil, son do Celta e collo o vitrasa todos os días. Pero non lles dixen nada. Non me daba a gana.
Xeolocalización
42.236448248497595, -8.722166631271898
Liña literaria
E Liña Especial

SEREO
Cando arrancaba o vitrasa aínda se despediron de min desde fóra. A berros. «Lávate, porco», coma o letreiro que se lles pon aos coches sucios. Na ventá do vitrasa vin o meu reflexo. A miña cara. Chea de mazaduras e de impotencias. Parecía o mesmísimo Sireno. Recordoume a el. Despois, todo se volveu transparente, invisible, cristal. Só cristal. E o de fóra correndo. Comprendín entón que se acababan de levar a miña dignidade como persoa, como individuo, como chinés…, como vigués.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello
Sinopse
Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
VITRASA
Autobuses de Vigo
Liña 8: Príncipe - Beiramar
Dársena A Laxe
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.