Sombras no Ensanche

Roxo, Clara do

Ed. Elvira

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

SEREO

O Sereo, empoleirado no seu altísimo pedestal, o home-peixe, de garda noite e día.

EDIFICIO SANCHÓN

A súa casa, no último andar do edificio Sanchón, en pleno centro da cidade, abría as fiestras directamente ao teatro García Barbón, cos cabalos e esculturas que coroaban a azotea.

CASA DAS ARTES

Xocas degoira agora estar na fiestra do seu cuarto, e contemplar os ameazantes cabalos de pedra ou a Casa das Artes, acubillado no seu fogar.

A CASA YAÑEZ

-Esta Xocas, é a Casa Yáñez, e ten unha galería como non hai dúas en todo Vigo, ergue os ollos, mira que fermosura -lembraba quedar parado moitas veces, con Icía, diante desa galería que ela admiraba tanto.

CASA BONÍN

Xocas sae do contedor e bota unha carreiriña ata a estación, cruza a rúa Areal e cando chega á rúa O Porto, vai cara arriba, deixando o antigo reitorado á esquerda e a Casa Bonín á dereita.

CINE FRAGA

Se segue por alí pode chegar ao Teatro-Cine Fraga, impoñente co seu pórtico de columnas xigantescas. Cando el naceu xa o pecharan.

EDIFICIO ALBO

Esa opción non lle atrae, albisca o edificio Albo, maxestoso na encrucillada con Gan Vía, que ten no seu cumio unha escultura da Victoria de Samotracia. Víraa mil veces. Fronte a el, o que lle chaman a Peineta, porque o seu remate asemella un peite grande.