sete caveiras
Gallego Abad, Elena
Editorial Xerais
Localizacións

BERBÉS (MERCADO)
O taberneiro, que estaba a limpar os rapantes mercados aquela mañá na praza do Berbés, apenas tardou dous minutos en servirlle a comida, un revolto de Boletus edulis que ela devorou na compaña de dous seres plásticos de sete centímetros e medio de altura cos que compartiu mesa e mantel.
Xeolocalización
42.239028353193234, -8.72851998537062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

MUSEO DO MAR
O coche da vítima, un Ford branco, permanece estacionado a carón do Museo do Mar de Vigo.
Xeolocalización
42.22427227774345, -8.770198130914377
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

ILLA DE TORALLA
Sen posibilidade ningunha de acadar testemuñas do suceso, Marta decidiu achegarse á illa de Toralla para facer unhas fotos.
Xeolocalización
42.20030389082555, -8.80254696674669
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DA ESPEDRIGADA
—A marea arrastrou o seu corpo ata unhas rochas que hai entre as praias da Espedrigada e o Tombo do Gato, onde comeza a avenida de Samil.
Xeolocalización
42.227455209206894, -8.77505376930172
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Sinopse
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado… Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2014
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Museo do Mar
Antiga fábrica de conservas Alcabre, Molino de Viento (1887)
Liña 5
Museo do Mar
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.