Veiga, Manuel
Ed. Xerais
LÓPEZ DE NEIRA
En todo caso, eu baixaba pola rúa López de Neira, despois de tomar café, e desexaba desaparecer para non ter que solidarizarme nin escribir ningún artigo sobre un desaparecido na Arxentina.
SAMIL
Á tarde, o ceo abriuse, os cirros cobren só unha parte do que é a literatura clásica denominada bóveda celeste e eu diríxome a Samil. Desde hai un década converteuse nunha praia multiétnica.
RÚA VENEZUELA
Nunha discoteca da rúa Venezuela, Antonio Saint-Simon coñecera a súa noiva, unha rapaza de non máis de vinte anos, miúda, sutil e intelixente.
RÚA TRIUNFO
Para celebralo foron cear a un restaurante da rúa Triunfo, preto da Colexiata. O capitán sabía contar historias, pero non monopolizaba a conversa.
SANJURJO BADÍA
Deixara xa o chalé e vivía coa profesora, nun piso da rúa de Sanjurjo Badía con vistas ao porto de contenedores.