O único que queda é o amor

Fernández Paz, Agustín

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

REITORADO

Con aire resolto, saíu da cafetaría e entrou no Reitorado. A aquela hora apenas había cola, só catro ou cinco rapazas que non paraban de facerse bromas. Agardou pacientemente a súa quenda e, cando lle tocou a vez, amosoulle a foto á funcionaria que atendía ao público. Explicoulle que agardba a unha amiga súa que tiña que virse matricular, …

ROSALÍA DE CASTRO

Frustrado por aquel primeiro fracaso, Daniel abandonou o edificio e botou a andar polos soportais da rúa Rosalía de Castro, sen saber ben a onde dirixirse. Todo o entusiasmo que sentira desaparecera de golpe, como se o camiño aberto pola foto rematase nunha parede de formigón.

VELÁZQUEZ MORENO

Torceu por Veláquez Moreno e subiu rúa arriba, ata chegar á altura da Casa do Libro. Parou un momento a contemplar as novidades expostas nos escaparates, aínda que case todo eran best sellers que non lle interesaban nada.

CAFETERÍA VAN GOGH

Ás sete, Daniel xa estaba sentado nunha das mesas da terraza do Van Gogh, que a aquela hora aínda non se enchera de xente. O seu amigo non tardou nada en chegar.

RÚA VENEZUELA

Vivía na rúa Venezuela, nun edificio que xa había de ter máis de trinta anos. O portal era amplo, coas paredes recubertas con láminas de madeira escura, e estaba decorado con grandes fotos da cidade en branco e negro.