o lobishome de candeán
carballeira, paula
Editorial Galaxia
Localizacións

CANDEÁN
Desde o alto, Candeán é coma o corpo dun xigante durmindo boca abaixo. Montes-escápulas, a curva da espalda, un brazo encollido debaixo da cabeza e outro lixeiramente dobrado, as pernas estiradas, as nádegas cubertas de eucaliptos. Aquí e alá espállanse as casas, aproveitando os ocos, as veigas e as beiras dos camiños. A cor máis escura das estradas atravesa o corpo do xigante coma cicatrices que se xuntan na igrexa, no nariz do xigante.
[…]
Ao lonxe queda o mar, a cidade, outras vidas doutras xentes. En Candeán, o tempo discorre amodo e mestura o presento co pasado, o pasado co futuro, porque aconteza o que aconteza, non ten a máis mínima importancia para quen olla desde arriba, a vista de paxaro, o xigante adormecido. Desde esa altura o único que se ve son as árbores, as casas, o río. As mulleres e os homes non son nin manchas no verde.
Xeolocalización
42.22418323629559, -8.656734970658936
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

IGREXA DE CANDEÁN
Ao entrar non adro da igrexa sentiuse mellor, mira ti, coma se iso tivese máis sentido. Polo menos alí non era un intruso, nin no discorrer da vida de Candeán, nin no silencio do camposanto. […] Seguiu o camiño de cemento cara ao cruceiro e foi entón cando soubo que non era o único vivo nesas ringuleiras de mortos.
Xeolocalización
42.24204134257563, -8.665286899258625
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

CAMPO DE FÚTBOL DE CANDEÁN
Correou cara aos pozos, ergueuse enriba de cada un deles, babexou, fungou, desafiou o vento que lle asubiaba nas orellas, atravesou os carreiros e mesmo chegou ao campo de fútbol.
Xeolocalización
42.246969610109694, -8.674283530758066
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2009
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Igrexa de San Cristovo
Candeán
Liña 1
Candeán
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.