jules verne e a vida secreta das mulleres planta
Costas, ledicia
Editorial Xerais
Localizacións

BERBÉS
Na zona do Berbés o cheiro é tan denso que, se pechas os ollos e te deixas levar un instante, case logras trasladarte ás bateas que visten os arredores da ponte de Rande, coas súas extremidades penduradas cara ao fondo coma tentáculos invisibles, acuguladas de mexillóns.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LONXA DE VIGO (BERBÉS)
Mais de súpeto volves abrir os ollos e alí segue o Berbés, unha das caras máis tristes da cidade. De día é lonxa de pesca de altura, e porto de barcos de bonitos nomes como Santa Mafalda, Capricornius ou Destiner, que desafían o horizonte coas súas proas bicudas (…). Mais cando cae a noite, ese lugar vístese de suburbio. Moitos condutores circulan pola zona na busca de mulleres prostituídas. De noite, o Berbés é unha trampa.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CESTEIROS
Os distintos artesáns formaban gremios e establecían normas para desempeñar as súas profesións. Por exemplo, a obriga de compartir todos a mesma rúa e rexentar nela os negocios e obradoiros. Así a rúa de Sombrereiros, a dos Cesteiros ou a Ferrería, o barrio onde vivían os artesáns do metal.
Xeolocalización
42.239090060269284, -8.726332783159364
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

MISERICORDIA
[…] Jules Verne sabía perfectamente cara a onde se dirixía. Á altura da rúa da Misericordia, detívose e sacou do peto interior da levita un mapa.
Xeolocalización
42.23861302791113, -8.726539230913977
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

LA INDUSTRIOSA
—O meu grumete e mais eu temos que ir a un taller chamado La Industriosa, que está na Avenida Duque de la Victoria. A caldeira do meu iate ten unha avaría e necesito falar co dono da fábrica, un vello coñecido, para que a repare —explicoulle—.
Xeolocalización
42.23700137560602, -8.714088673086119
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

PRAZA CONSTITUCIÓN
[…] Constituían o caos máis fantástico que coñecía. As prazas era crisálidas que eclosionaban á primeira hora do día nunha explosión de vida. A súa favorita era a da Constitución.
Xeolocalización
42.238614369120604, -8.726020002077933
Liña literaria
02 Liña Casco Vello
Sinopse
6ª Edición – Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 – Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX – Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 – Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017 – Recomendado pola «Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade» da Xunta de Galicia.
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición galego
Editorial Xerais
Edición castelá
Anaya infantil y juvenil
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Cesteiros - zona vella
obradoiro de Antonio
Liña 2
Misericordia
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.