Izan o da saca
Quiroga, xabier
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Pero polo que puiden deducir, o III Reich valoraba este cornecho polo estratéxico emprazamento, asomado ao balcón Atlántico, de aí que levase a súa presenza ata extremos insospeitados. Refírome non só ás tropas da Wehrmacht que por aquí se moveron, e poño por caso o desfile por Vigo da Lexión Cóndor, en maio do 39, retratado por Pacheco, tamén ao Cemiterio dos Ingleses da Coruña, ao control do volframio que blindaba os tanques e endureda os obuses dos exércitos alemáns e que as minas galegas proeucían; […]
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Basti sempre sostivo a vía galega, e en varias entrevistas afirma: «No libro descríbese con detalle como foxen Hitler e Eva Braun. Hitler escapou vía aérea a Austria e logo a Barcelona, España. A última etapa foi en submarino, desde Vigo, con rumbo ao litoral da Patagonia»
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

PI I MARGALL - COLEXIO ALEMÁN
—Agora entendo a cantidade de arquivos que Víctor inclúe de Vigo e arredores: a cidade era un niño de espías— soltou Lelia, entusiasmada, ao rematar a película—. Por iso mete diarios de bordo, interrogatorios a prisioneiros de guerra, informes dos «lobos acosados», entrevistas a serventes do paro do río Verdugo onde descansaban os oficiais despois das batallas e os mariñeiros das rías que tiveron que ver cos alemáns e aos que lles afundiron os
barcos que pescaban na costa de Onegal… Incluso falou con mulleres que limpaban no Colexio Alemán e con traballadores da Estación Marítima que visaban o embarque.
Xeolocalización
42.232139200297446, -8.731232735573533
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

PORTO DE VIGO
Neste contexto, ao parecer de Víctor, a ninguén lle podía estrañar a documentación que existía sobre os nazis que se refuxiaran entre aqueles grosos muros, que conviviran cos monxes e, mesmo, que tiveran aquela retirada abadía como centro de evasión cara ao porto de Vigo.
Xeolocalización
42.24170617558201, -8.726843723194
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CARGADOIRO DO ALEMÁN (RANDE)
Así, en trens cargados ata os topes, caladamente, levaban o ferro do Freixo e o volframio de Casaio, por Valdeorras, ata o cargadoiro vigués de Rande, ese que Víctor nunca cansou de investigar e que aínda hoxe se coñece como «o cargadoiro do alemán» porque foi mandado construír polo propio Cloos. Desde aí, o mineral marchaba en barcos ata Alemaña para abastecer a industria pesada de Hitler.
Xeolocalización
42.28794224579153, -8.652980302182991
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ESTACIÓN MARÍTIMA
Aínda que fascinados e algo arordados polo achado, Lelia incluso buscou nos arquivos a cita que nos situou, «Kutschmann recibe a finais de 1947 as pasaxes para o santuario suramericano. As dez da mañá do 20 de decembro, disfrazado como relixioso, e baixo a identidade de Ricardo Olmo, embarca no Monte Amboto na Estación Marítima de Vigo», e se ocupou, mentres eu falaba un intre co Servando, de fotografar as instantáneas que servirían para demostrar un achado histórico que ela cualificou de «auténtíca pasada!».
Xeolocalización
42.241793876368725, -8.728017802077881
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
6ª Edición – XXII Premio Literario San Clemente, 2016
O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B
1ª edición
2015
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Cargadoiro de Rande
Ría de Vigo
Liña 10
Cargadoiro do alemán
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.