En vías de extinción
Reimóndez, María
Editorial Xerais
Localizacións

CASTRELOS
Gústalle baixar ao parque de Castrelos onde ve a xente a correr pero sobre todo onde pode observar cans e experimentar as árbores, as pingas que caen no outono e a fronde da primavera vanlle marcando o paso dos días.
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MADROA
Por iso avanza con Risco igualmente ata a Madroa no medio da choiva e do vento (a menos que haxa ameaza de temporal e poidan caer árbores).
Xeolocalización
42.24913237510744, -8.676150873241678
Liña literaria
01 Liña Cabral – Lavadores

A PEDRA
Quedou con Suso preto da Pedra e camiñaron pola rúa abaixo. O local abríase nunha porta pequena onde atordaban as gaitas.
Xeolocalización
42.24063972033732, -8.726821261395134
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

AVENIDA DE CASTRELOS
A avenida de Castrelos vai quedando atrás e tamén a praia de Samil á súa beira dereita ata que chegan ao Vao.
Xeolocalización
42.21578530675099, -8.732332105112766
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ILLA DE TORALLA
O día está anubrado e case non hai xente cando cruzan cara á illa de Toralla.
Xeolocalización
42.20030389082555, -8.80254696674669
Liña literaria
05 Liña San Miguel – Bouzas
Sinopse
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2012
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parque de Castrelos
Parque urbano de Vigo
Liña 8: Príncipe - Beiramar
Dársena A Laxe
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.