cemiterio de elefantes

Alonso, Fran

 

Editorial Xerais

Localizacións

Teatro cine Fraga. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

NOVA OLIMPIA

Chovía aos poucos e as rúas estaban bastante molladas. Saín do Nova Olimpia e botei a camiñar amodo para non esvarar con aqueles tacóns.

Xeolocalización

42.236960405758964, -8.719811259594486

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Centro de Saúde Dobrada. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com<br />

DOBRADA

A min o medicamento este deumo o médico, ¿non sabe?, o doutor Cuíñas, ha de saber, de aí da Dobrada, do ambulatorio, élle moi bo médico, eh, dos melloriños, pois ben, o medicamento deumo el…

Xeolocalización

42.236912745921465, -8.719768344263432

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Fábrica Álvarez, Santa Clara. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FÁBRICA DE ÁLVAREZ

[…] voulle a explicar, eu sonlle de aí de Cabral, e claro, o meu home anda á viruta virou o corpo e sinalou para o coche, e eu ando a traballar no campo, todo o bendito día de deus, que dos fillos ningún me bota unha man, e tampouco poden, traballan en Álvarez, […]

Xeolocalización

42.225631921008784, -8.674314459577952

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Rúa Pizarro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PIZARRO

Na farmacia informárana de que en Pizarro había unha clínica dental duns arxentinos que estaba aberta toda a noite. Chamábase Gardiáns Dentais. Non o pensou dúas veces.

Xeolocalización

42.23105604026381, -8.714943973242125

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Avenida Aeroporto. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com<br />

AVENIDA DE PEINADOR

Vista desde a Avenida de Peinador, a cidade semella un corpo que se desangra.

Xeolocalización

42.21053217765501, -8.65164439911409

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Parroquía de Candeán

CANDEÁN

Logo de deixar atrás a recta de Candeán, ve como, alá embaixo, as luces das rúas marcan as arterias doridas dun corpo de asfalto e cemento.

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Barrio do Calvario. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CALVARIO

Pasa en ámbar o cruzamento da rúa Cantabria, atravesa velozmente o Calvario por Jenaro de La Fuente, apura todos os semáforos de Pizarro e baixa Gran Vía…

Xeolocalización

42.23099877864691, -8.703344498278248

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Peniche, mural Antón Pulido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PENICHE

De camiño, parou no caixeiro de Peniche para sacar cartos. Aparcou o coche fronte á Caixa de Aforros. Estaba empezando a chover.

Xeolocalización

42.22857381092516, -8.732865444406158

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Sinopse

En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes. As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna, a través de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas… que gozan ou sofren o efecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade. Espazos literarios e personaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns Solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza ás 12.00 AM, cando a noite cae sobre Vigo, e remata ás 8.00 AM, co amencer dun novo día.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

1994

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Parque Público da Ponte de Cabral

Río Lagares

Liña 1

Cabral

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar