cardume

vega, rexina

 

Editorial Xerais

Localizacións

Rúa do Príncipe Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRÍNCIPE

Cada tarde levábanme alí, á Rúa Real, ao Príncipe, á colexiata, ao peirao do Berbés, ao Centro Recreativo de La Oliva, á Falperra… Conseguían reunir uns patacóns e entraban no cine Tamberlick ou tomaban un xeado, paseaban cen veces e cen veces saudaban ao repaz da mercería…

Xeolocalización

42.23703431895109, -8.722784702078062

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Premio Xerais de Novela 2007

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Ambientda nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacidade expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación da identidade do presente. Cardume obtivo o Premio Xerais de novela 2007.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2007

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Cine Tamberlick

Eduardo Iglesias (Circo)

Liña 2

Real

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar