ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA
VÁQUEZ FREIRE, MIGUEL
Editorial Xerais
Localizacións

AVENIDA CASTELAO
Camiñas en dirección da praia, quizais haxa menos tráfico por alí, quizais haxa menos xente. Ó remate da avenida Castelao, unha vez cruzado o semáforo, botaches a correr pola estrada da praia e non paraches ata chegar a Samil.
Xeolocalización
42.216988354961956, -8.7553056694425
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

COIA - RÚA MARÍN
Esa mesma tarde achegácheste á rúa Marín. A dous pasos da túa propia casa e aquel era un territorio case enteiramente desoñecido para ti.
Xeolocalización
42.21912614659261, -8.751934417422682
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

SAN PAIO
O local era un vello alpendre en San Paio, algunha vez toscamente habilitado para taller de reparación de automóbiles, a uns vinte minutos camiñando desde a túa casa.
Xeolocalización
42.208999237846726, -8.765562988651993
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas…, ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
1997
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
San Paio de Navia
Alameda
Liña 9
Marín – Coia
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.