a chave da atlántida
fariña, anxo
Editorial Xerais
Localizacións

ILLAS CÍES
O tío Fran conducía cara á illa do Medio, unha das tres que compoñían o arquipélago das Cíes. Antigamente, este conxunto xeográfico situado en fronte da cidade de Vigo, denominárase «Illas dos deuses», un nome que o profesor Blackwood atopaba máis apropiado que o actual, […]
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande – Illas Cíes
Sinopse
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2011
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Illas Cíes
Vista desde o Alto do Príncipe
Liña 10
Illas Cíes- illa do medio – faro
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.