LAPIS NA NOITE
nicolás, Ramón
Editorial Xerais
Localizacións

SAN ROQUE
Sobre todo lembro unha dun grupo familiar e de amigos na festa de San Roque, o santo ao que se honra na maior romaría popular de Vigo.
Xeolocalización
42.228591121952356, -8.709853930979529
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

BARRERAS
Apenas souben que saíra moi novo de Vigo, onde vivía co meu pais e os avós, pois o primeiro atopara traballo en Barreras, os estaleiros, onde tamén Ramiro traballou algún tempo.
Xeolocalización
42.22614652584832, -8.739536509262075
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

BEADE
[…] mesmo tamén beber un barrantes, dese que mancha ben a cunca branca, o barrio vigués da Rola onde non falatasen os amigos, os manises e entoar algunha canción antes de marchar, ir á Santa Ana de Beade comprar unhas roscas e ao San Roque comer unhas sardiñas coa familia dos Beleiros, cos que papá tanto amigara desde que comezou a traballar en Barreras, tamén ir ver un partido do Celta a Balaídos.
Xeolocalización
42.19301905292405, -8.70682145854713
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CHORÓNS
Deixou aviso na súa casa dos Choróns de que agardaba por min ao día seguinte, que era domingo, no porto de Bouzas, ás sete da mañá, pois ía saír a pescar e necesitaba alguén que lle botase unha man.
Xeolocalización
42.231686356885604, -8.709080411401509
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

BOUZAS
Cando o vin en Bouzas advertín que algo noi ía ben. Deixou o aparello no peirao e saímos cara a Rande naquela mañá fría.Tras dez minutos de tenso silencio, vomitouno todo de golpe. Comezou, mirándome aos ollos, por afirmar que, antes de nada, ben merecidas tiña un par de labazadas, realmente usou « hostias »[…]
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

VIGO
Sabían que en Vigo había cando menos dous grupos e que eu era para “activa”-subliñou con énfase o de « activa »- desde que entrara como aprendiz en Barreras. Alguén cantara algúns nomes en Pontevedra, entre eles o meu.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

BOUZAS
E logo soltoume o que entendía como un consello e que alá eu: que desaparecese, e ben lonxe, o máis lonxe posible, e que como facelo era cousa miña. Calou e vogou de volta a Bouzas sen dicir palabra, nin sequera cando me despedín del se dignou a mirar para min.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CALVARIO
Non perdín tempo. Decidino mentres volvía ao Calvario aquela mesma mañá. Non podía poñervos nunha situación de risco a ti nin a mamá nin a papá, sempre sería mellor que non soubésedes nada da miña súbita desaparición.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PORTO DE VIGO
E foi máis doado do que nun principio imaxinaría: pagáronme unha pasaxe de ida no primeiro barco que saiu do porto de Vigo aos poucos días daquela conversa, e metéronme nun sobre uns billetes con pesos arxentinos, ademais dalgúns enderezos e teléfonos para que memorizase e destruíse.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PAZO DA PASTORA
Souben pouco despois do inicio do curso, grazas a un compañeiro docente de Bioloxía, que en Vigo había un xaracandá no Pazo da Pastora, ese espazo tan misterioso de propiedade privada, pero ao que, por Iria, tentaría acceder.
Xeolocalización
42.21890054397726, -8.727022832717601
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
«Lapis na noite» bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parroquía de Beade
Vista desde Escola de Música de Beade
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.