iria

angueira, anxo

 

Editorial Xerais

Localizacións

Bouzas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

BOUZAS

— En Bouzas, Lens. Vai a Bouzas. Se non está, agarda por ela.

Xeolocalización

42.226391690739405, -8.754436907651353

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Nadal de Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

NADAL DE VIGO

—María tivo que fuxir, Miguéns. A Brigada Político Social, a BPS, detivo aquela noite de Nadal, en Vigo, primeiro a Antonio Bernardo Rubio e logo a Xosé Luís Méndez Ferrín.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

E Liña Especial

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO (MAR DE VIGO)

O Iria entra pola pasante norte das Sías, cun través abeirado a cabo Home e a Sobrido, montando o mar de fondo. O mar de Vigo é todo un ceo de cobalto que a reprise do Iria vai fundiondo camiño xa de Bouzas. Consumouse, pola popa, o incendio do horizonte.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Pizarro Concello de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Mapaliterario

BERBÉS

O Lago Sanabria entra de Canarias pola pasante sur das Sías con froita e xeral. O cementeiro Bella Otero agora amarre, fondeado fronte á sombra das areas de Rodas. O Puente Castrelos, que entrou do Recife de Lanzarote con peixe, achégase ó Berbés Barullo das pasaxe das ribeiras, mariñeiros de Cangas.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Monte Vixiador Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR

Os lenzoas brancos do Iria aínda refulxen no azul mortizo das ondas do mar de Vigo axitados por refachos de garroa. Préndense faros, balizas e luces da ribeira. O galeón prende tamén as súas de posición. Desátase, céibase dos piñeiros do monte Vixiador e da Madroa unha colorada lúa inmensa para viaxar polo ceo da noite e ter un logo intre envisos os ollos do rapaz, nos que se espella e se eleva. O galeón xa ten emproada a praia de Bouzas, á que vai chegar ás escuras. A gorroa azouta quente na cangrexa.

Xeolocalización

42.251755366974365, -8.650407744685902

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Alcabre. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCABRE

A terra do cabo de Mar fai queda-la garroa que viña morrendo e o Iriaentra de mansiño, por fóra das pedras de Alcabre, cara á praia.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Ermida da Nosa Señora da Alba. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE ALBA

O Iria en través emproa o faro do Sobrido perseguido polo ronsel da lúa espellándose no mar de Vigo, polas sombras dunha xeografía inédita, distantes coma o Alba e o Galiñeiro, veciñas como as dunas de Samil.

Xeolocalización

42.173741951129166, -8.735829724535991

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2012

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Parque forestal do Vixiador

Parroquia de Candeán

Liña 1

Vixiador

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar